Besteiro e Orozco entregan a recadación benéfica da Gala Lvcvs Moda
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, entregaron este mércores a recadación benéfica da Gala Lvcvs Moda. Son dous cheques de 3.457,50 euros cada un, que supoñen un total de 6.915 euros. Esta cantidade é o total recadado coa venda de entregas da 2º gala benéfica de moda, que Deputación e Concello de Lugo organizaron co obxectivo de potenciar ó exterior a provincia mediante a difusión do talento creativo de deseñadores e artesáns lucenses. Logo da celebración de dous sorteos que tiveron lugar no Pazo de San Marcos ante a presencia de organizadores e colaboradores da Gala Lvcvs Moda, e no que participaron todas as asociacións sociais sen ánimo de lucro da capital, os colectivos gañadores resultaron: a Asociación de Mujeres Separadas y Divorciadas e a Federación Comarcal de Jubilados y Pensionistas de UGT de Lugo.
Besteiro e Orozco mantiveron en primeiro lugar unha reunión privada -para protexer o anonimato- con integrantes de todas as idades do colectivo de mulleres quenes explicaron que o galardón empregarase para potenciar a súa actividade, é dicir, para ofrecer axuda económica, así como asesoramento xurídico ou laboral ás víctimas de violencia de xénero. Ducias de persoas anónimas son voluntarias da Asociación de Mujeres Separadas y Divorciadas de Lugo. De xeito totalmente desinteresado, facilitan domicilio, buscan emprego ou mesmo acompañan ós xuízos ás afectadas pola violencia machista.
O Presidente e o Alcalde reuníronse ademais, con membros da Federación Comarcal de Jubilados y Pensionistas de UGT de Lugo. Trátase dun colectivo integrado por máis de 400 persoas. Son xubilados que anteriormente, formaban parte de federacións de UGT como a do metal ou da construción, entre outras. Agora, pagan unha cota trimestral de 9 euros que adican a axudas para os maiores. Entre as súa funcións, está a de control das residencias públicas da capital co obxectivo de garantir a prestacións dos servizos obrigatorios ós seus usuarios. O premio da gala suporá un incremento do escaso presuposto co que conta para desenvolver a súa actividade.