Deputación de Lugo

Lugoteando pon fin as súas actividades no Miño esta fin de semana coa participación de máis de 200 persoas

Imaxe deputación de lugo
Son as persoas que a día de hoxe xa formularon a súa inscrición para as Multiactividades, os Paseos Chill Out ou practicar wakeboard no río ó seu paso pola capital lucensePara facerse cunha das últimas prazas dispoñibles só cómpre chamar ó 982-12-00-64, ó 609-90-32-11, ou ben presentarse na propia localización das actividades ese mesmo día – Lugoteando trasládase agora, e como novidade este ano, á Mariña: ós días 11 e 12 de xuño estará en Foz, 18 e 19 en Burela e 25 e 16 en Ribadeo

Lugoteando pon fin a súas actividades no Miño esta fin de semana coa participación de, a lo menos, máis de 200 persoas que, a día de hoxe, xa formularon a súa inscrición. A última xornada do programa lúdico medioambiental que Deputación e Concello de Lugo levan ó río este ano para a súa posta en valor arrincará o sábado, 4 de xuño, ás 11:00 horas, coa Multiactividade: bolas e bananas acuáticas para flotar sobre a auga; sea-scooter para mergullarse como golfiños; rutas pola ribeira dirixidas por expertos en bioloxía; xogos infantís acuáticos; paddle surf para tonificar os músculos ó remar a bordo de táboas de surf; paseos en batuxo -antigas barcas de madeira hoxe moi difíciles de ver-; e circuítos por terra en monopatíns eléctricos. Pola tarde, ás 16:00 horas, continuarán ditas actividades nas que hai inscritas polo de agora, tendo en contas as dúas sesións, 65 persoas.

Outras 120 persoas non quixeron perderse a última oportunidade de participar nos Paseos Chill Out da modalidade de Ligoteando polo que xa formularon a súa solicitude. A partires das 20:30 horas, gozarán dunha travesía en catamarán amenizada por un Dj con música chill out, pinchos e degustación dun cóctel de produtos autóctonos. Todo, por tan só 15 euros.

O domingo, 5 de xuño, haberá unha nova sesión de wakeboard que arrincará, un fin de semana máis coas 15 prazas dispoñibles cubertas, ás 11:00 horas. A Multiactividade porá o broche final as actividades de Lugoteando no Miño para este año coa participación das 30 persoas anotadas a día de hoxe.

Últimas prazas

Todos os interesados en participar na última sesión en 2011 do programa de ocio ecolóxico na capital lucense aínda poden inscribirse. Para elo, deberán chamar ó 982.12.00.64 ou 609.90.32.11. Tamén poderán facelo na propia localización das actividades, antes de comezar. Isto non garante que haxa vacantes. O pago das cotas de inscrición, que é de 5 euros -a excepción da modalidade de Ligoteando-, pódese efectuar previamente na conta bancaria de Banesto: 0030-7060-30-0298064273, co concepto Lugoteando, ou antes de cada actividade. Máis información en: www.deputacionlugo.org, www.lugo.es, ou no teléfono 010 do Concello de Lugo. No caso dos menores de idade, deben presentar unha autorización asinada dos pais ou titores, que poden descargar nas web.

Lugoteando agora á Mariña

Lugoteando remata na capital lucense para trasladarse agora durante xuño, e como novidade este ano, á Mariña. Haberá actividades na Costa os días 11 e 12 Foz; 18 e 19 en Burela, e 25 e 26 en Ribadeo. Celebraranse en quendas no horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Nos tres Concellos mariñanos desenvolveranse as mesmas actividades que na cidade lucense, exceptuando Ligoteando, e incluíndo a maiores a práctica de kite surf, unha variante espectacular deste deporte que non deixa de gañar adeptos na provincia, e que incorpora cometas.