8.000 persoas desfrutaron este verán dos prezos populares nas piscinas dos Robles

- Houbo unha media diaria de 100 persoas, sendo xullo o mes de maior afluencia, con máis de 3.500 persoas - Deputación e Concello de Lugo custearon con case 43.000 euros os prezos populares e servizos de socorrismo, limpeza e seguridade
Éxito dos prezos populares que Deputación e Concello de Lugo ofreceron este verán nas piscinas dos Robles. 8.000 persoas os desfrutaron.
Houbo unha media diaria de 100 persoas. Xullo foi o mes de maior afluencia, con máis de 3.500 persoas, seguido de agosto, con outras 3.000. Nas primeiras semanas de setembro, foron 1.400 os veciños que se beneficiaron dos prezos populares.
A entrada custou a metade que en anos anteriores: 1 euro para menores de 6 anos e 2,20 euros para adultos. As piscinas contaron, ademais, con 3 socorristas e servizos de seguridade e limpeza.
Deputación e Concello de Lugo custearon o conxunto destas medidas con case 43.000 euros co obxectivo de facilitar ós cidadáns unha zona de baño na capital luguesa.