Deputación de Lugo

O Parque de bombeiros de Barreiros incrementa os seus medios coa recepción dun camión escaleira

O parque de bombeiros de Barreiros vén de recibir un camión escaleira, que se suma ós medios materiais dos que xa dispón a instalación, que son un camión nodriza, un camión de primeira intervención e un vehículo lixeiro de mando.

O novo vehículo ten unha potencia de 290 cabalos, está especialmente indicado para traballos en altura, xa que conta cunha escaleira de 32 metros, o que permite facer rescates e atacar as chamas dende unha altura equivalente a un 8º piso.

O de Barreiros é un dos cinco parques de bombeiros que existen na provincia de Lugo e que forman parte do Consorcio provincial, que está xestionado ó 50 por cento pola Xunta e pola Deputación de Lugo e que permite ofrecer unha resposta áxil e profesional ante as emerxencias a todos os cidadáns da provincia.