Deputación de Lugo

Máis de 300 persoas redescobren esta semana o Sur, a Montaña e a Mariña luguesa con Km0

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, recibiu esta mañá a dous colectivos que inauguran as rutas desta semana e que os levarán ata os Concellos de Ribadeo e PortomarínO resto de grupos que viaxarán nas vindeiras xornadas visitarán os Concellos de Foz, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, Sober e Monforte de Lemos

Outras 302 persoas redescobren esta semana terras lucenses grazas ás rutas de Km0.Deputación de Lugo. Deste xeito, o programa medioambiental co que a Deputación leva mantendo 3.000 postos de traballo en toda a provincia dende o seu inicio hai catro tempadas. A Deputada Pilar García Porto recibiu este martes no Pazo de San Marcos a 55 membros da Asociación Lucense de Apicultores, de Lugo “e a outros 55 do Centro de Maiores de Viveiro, que farán as rutas da “Ría de Ribadeo” e a de “Portomarín”, respectivamente.

O primeiro destes colectivos viaxou ata a Mariña para coñecer a contorna da Ría de Ribadeo, grazas á travesía en barco que fixeron polas súas augas, antes de subir no ascensor panorámico e achegarse ata o convento das Clarisas e ata o casco histórico da localidade.

Pola súa banda, o grupo viveirense viaxou cara o interior da provincia, ó Concello de Portomarín. Alí puideron percorrer lugares emblemáticos, como o Club Náutico, as igrexas de San Pedro e San Xoán ou a ponte e Capela das Neves.

O mércores, os destinos serán a Mariña e a Montaña luguesas. 48 veciños de Outeiro de Rei farán a ruta do “Bispo Santo”, que os levará a coñecer a igrexa de San Martín e a Capela do Santo de Mondoñedo, así como a área recreativa da Fervenza. Pola súa banda, outros 48 membros da Sociedade Micolóxica de Lugo o Concello de Negueira de Muñiz. Neste Concello de terras da Montaña luguesa achegaranse ata o Pozo do Ollo, a área recreativa e o embalse de Salime e o Museo Etnográfico.

A semana de viaxes remata o xoves, coas rutas que farán 48 mulleres do colectivo de redeiras Cabo Burela ó Concello de Sober, onde poderán visitar a insua de Seivane e dar un paseo en catamarán dende o embarcadoiro de Doade; e a doutros 48 viaxeiros, neste caso da Residencia de Maiores das Gándaras, que visitarán Monforte de Lemos. Alí poderán descubrir a riqueza do barrio xudeu da localidade e o famoso Colexio de Nosa Señora a Antiga.