Deputación de Lugo

A Deputación rematou as obras do polígono de Paradela á espera de que o Concello realice o saneamento para a súa posta en marcha

Presidente e Alcalde supervisaron os traballos de urbanización e mellora de accesos nos que a institución investiu máis de 3 millóns de euros e concluiu en tempo record Besteiro confia na mesma implicación por parte da entidade local para garantir o asentamento da media ducia de empresas que xa amosaron o seu interese por este polígonoMato destaca que “estas obras eran un selo que tiña o Concello, hai de 5 anos que se expropiaron os terreos, e tivo que chegar este Goberno á Deputación para executalo”A Deputación sitúa o prezo en torno ós 30 euros m2 e permite o pago das parcelas en 5 anos para xerar demanda empresarial “e non ter polígonos baleiros como o das Gándaras”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, supervisaron este venres o estado do polígono de Paradela logo de que o organismo provincial rematase as obras de urbanización e mellora de accesos, dotadas de 3 millóns de euros, financiados na súa totalidade pola institución luguesa. A posta en marcha desta área industrial queda agora pendente, exclusivamente, dos traballos de saneamento cuxa responsabilidade é do Concello. Gómez Besteiro salientou que o organismo provincial creou nun tempo récord de tan só 3 meses esta área industrial e amosou a súa confianza en que o Concello terá a mesma implicación co fin de permitir o asentamento das empresas xa interesadas. E é que, ata o momento, media ducia de entidades solicitaron información sobre o polígono á entidade municipal e á Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA).

O titular provincial salientou que “debe existir un compromiso real e pro-activo das administracións implicadas na creación de solo industrial para non facer polígonos baleiros como o das Gándaras. Por iso, mentres dende a Deputación facemos un importante esforzo inversor, os Concellos deben aportar os Planeamentos Urbanísticos, dar cumprimento os convenios asinados con esta institución, asumindo a dotación de servizos como, por exemplo, o saneamento, así como colaborar connosco na xeración de demanda empresarial. Isto garantirá o asentamento de novas empresas e, polo tanto, a creación de novos postos de traballo, así como o impulso da economía da provincia”.

Agradecemento do Alcalde

Pola súa banda, o Alcalde destacou que a Deputación rematou as obras remataron “nun prazo brevísimo tal e como se comprometeu a facer. Estas obras eran un selo que tiña o Concello, hai 5 anos que se fixeron as expropiacións, e tivo que chegar este equipo de Goberno á Deputación para poder sacalo adiante. Paradela foi un dos primeiros Concellos de Galicia que se adaptou ó Plan Urbanístico de Galicia polo que o seguinte paso era ter este polígono para que as empresas se asenten. Hai que lembrar que, grazas á xestión da Deputación, o prezo do solo deste polígono é un dos máis apetecibles para os compradores na provincia”.

Vantaxes

Precisamente, para garantir a ocupación dos polígonos e tendo en conta que hoxe para moitas entidades é practicamente imposible adquirir solo industrial debido ós altos prezos que fixan administracións como a Xunta, a Deputación ofrece un prezo moito máis económico e competitivo, logrando que os polígonos que executa sexan máis baratos cos do Goberno galego. Para elo, concurriu a plans como o Reindus 2011 do Ministerio de Industria, logrando 300.000 euros. Desta cantidade, adicou 150.000 euros ó abaratamento do solo industrial de Paradela, situando o prezo en torno ós 30 euros o metro cadrado e facendo que sexa un 70% máis barato co das Gándaras.

Outra das facilidades que ofrece a institución luguesa ós empresários, é a posibilidade de efectuar o pago das parcelas nun prazo máximo de 5 anos fronte ós anunciados pola Xunta. No caso de que nese tempo os compradores non paguen a parte correspondente, elimínanse as cláusulas de penalización polo que se lle devolve á empresa a cantidade aportada mentres que o organismo provincial recupera a titularidade da propiedade.

Características

A Deputación creou un polígono en Paradela de 47.000 metros cadrados cos servizos de auga e luz necesarios para a seu funcionamento, -a excepción do saneamento que debe realizar o Concello- achegando para elo, 2,5 millóns de euros. A institución investiu os restantes case 600.000 euros no acondicionamento de accesos totalmente iluminados. Concretamente, abriu unha nova vía entre a área industrial e a estrada municipal que vai o campo de fútbol, ademais de mellorar o treito inicial do vial provincial CP-611, que comunica Pacios e Escairón e linda co polígono.