Deputación de Lugo

A Deputación insta á Xunta “a non condenar no olvido ó San Rafael como fixo co Hospital Xeral de Lugo”

Imaxe deputación de lugo
Díaz Valiño fixo estas declaración na véspera, previsiblemente, do traslado ós doentes ó Hospital de Calde do que a institución provincial non recibiu ningunha comunicación oficialO Deputado salientou que o Goberno galego “condena a toda unha vila” tras negarse a colaborar con FUDACE a ampliar os seus servizos no San Rafael debido a listaxe de espera de docentes coa que conta esta asociación sen ánimo de lucro que xa traballa en CastroO incumprimento do Executivo galego de trasladar o servizos e os doentes de San José e San Rafael o 1 de xaneiro de 2011, fixo que a débeda da Xunta coa Deputación, que xa superaba ós 20 millóns de euros, se incrementase en máis de 1.200.000 euros

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, instou hoxe á Xunta “a non condenar no olvido ó psiquiátrico de San Rafael”, dependencias da institución provincial situadas no Concello de Castro de Rei, “como fixo co Hospital Xeral da capital luguesa que, dende a posta en marcha do HULA, está en estado de abandono, sen que o Goberno galego, responsable destas instalacións, puxese en marcha ningunha medida para a súa posta en valor malia as demandas e sucesivas manifestacións dos veciños e responsables políticos do Goberno municipal de Lugo. A Xunta está a condenar, ademais, a toda unha vila na que gran parte da súa actividade xira ó redor do San Rafael. O único que amosou interés para que isto non aconteza é este Goberno provincial”, remarcou.

Díaz Valiño fixo estas declaracións na véspera de que a Xunta, ó parecer, ten previsto o traslado dos doentes do San Rafael ó Hospital de Calde “sen que a Deputación recibise ningunha comunicación oficial ó respecto, limitándose a unha chamada telefónica a semana pasada”. Este traslado prodúcese con máis de 1 ano de demora logo de que o Executivo autonómico e o organismo provincial acordasen a transferencia, tanto do persoal como dos doentes, dos que eran hospitais provinciais (San Rafael e San José) ó Sergas para o 1 de xaneiro de 2011.

Situación dos hospitais
O Deputado salientou que “mentres no San José seguen en funcionamento os departamentos de Salude Mental, Hospital de Día, Mamografías, Trastornos Mentais Severos e Centro de Día, o San Rafael, de levarse a cabo este traspaso, quedará baleiro, malia o compromiso de non facelo do propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, antes das eleccións autonómicas de 2009, e sen ningún proxecto para aproveitar estas instalacións, que teña en coñecemento a Deputación, logo de que a Xunta rexeitase a proposta de FUDACE”. E é que, o Goberno galego vén de negarse a conceder unha subvención á Fundación de Dano Cerebral, dotada de 5 millóns de euros, para mellorar as instalacións chairegas e ampliar a súa actividade en Castro de Rei. Na actualidade, esta asociación sen ánimo de lucro atende a 70 persoas con diversas patoloxías e ten doentes en lista de espera ó non ter espazo nin medios para asumilos. Por este motivo, FUDACE tiña previsto facer do San Rafael un innovador centro de discapacidade. Dende o primeiro momento, a Deputación apoiou este proxecto xa que suporía a amortización das dependencias provinciais e evitaría a perda de actividade laboral e económica en Castro que supón o peche destas instalacións que obriga a facer agora o Goberno galego.

Incremento da débeda
O incumprimento do Executivo galego de trasladar os servizos e os doentes de San José e San Rafael o 1 de xaneiro de 2011, fixo que a débeda da Xunta coa Deputación se incrementase en máis de 1.200.000 euros. No convenio que ambas as dúas administracións asinaron o ano pasado estableceuse que esta débeda, a 31 de decembro de 2010, superaba os 20 millóns de euros, que deberían ser aboados en 6 anualidades, sendo a súa distribución a seguinte: en 2011, 2.500.000 euros que foron pagados; en 2012, 2.500.000 euros que deberán ser aboados no primeiro trimestres deste ano; e en 2013, 2014 e 2015, 3.756.993 euros en cada anualidade. Nembargantes, sendo previsores, neste convenio tamén se marcaba que, no caso de que a Xunta non trasladase ós doentes o 1 de xaneiro de 2011, a Consellería de Sanidade debería aboar:

- durante un periodo máximo de 6 meses, é dicir, dende o 1 de xaneiro de 2011 e ata finais de xuño, un tarifa de 24,87 euros por doente, que se reduciu á metade xa que non incluir os custe de persoal. Isto supuxo que, durante este prazo, a débeda da Xunta coa Deputación aumentase en 724.612 euros.
- pasados estes 6 meses, o Goberno galego debería aboar íntegramente as facturas presentadas da Deputación que derivasen da ocupación dos edificios. Por exemplo, o mantemento das instalacións ou o servizo de calefacción, manutención…Neste caso, a débeda increméntase en 418.437 euros.

Á espera do traslado definitivo dos servizos que seguen activos no San José e da liquidación de 2010 que se coñecerá nos vindeiros meses, definindo o que a Deputación deberá devolver ó Goberno Central polos ingresos recibidos do Ministerio de Sanidade hai 2 anos debido a que esta institución provincial era a única en España en facerse cargo de hospitais, a débeda da Xunta co organismo provincial xa aumento noutros 1.143.049 euros. Esta cantidade, que previsiblemente se verá incrementará, deberá ser aboada en 2013, supoñendo que o pago nesta anualidade, que estaba establecido en 3.756.993 euros, aumentará ata os 5 millóns de euros, concretamente, ata 4.900.042 euros.