Deputación de Lugo

A Deputación paga nun tempo récord de 2 meses as obras do Plan de Comunidades Veciñais

A Xunta de Goberno aprobou novas contas xustificativas, supoñendo que a institución leve aboadas 250 obras, que representan o 85% do total e un investimento de 2 millón de eurosMartínez avanza que se está á espera da xustificación de 10 traballos, ó tempo que xa se están a tramitar as 32 restantes, liquidando este Plan 3 meses antes co ano pasadoO organismo provincial reducirá o pago ós proveedores en 10 días, situándo nos 25, coa implantación da factura electrónica que está a realizar con fondos europeos do Innova-TECon 35 días, a Deputación xa se sitúe á cabeza das administracións que menos tardan no proceso de pagamento, incluso por diante da Xunta, cuxo prazo de pago é de 39 días

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que a Deputación está a pagar nun tempo récord de tan só 2 meses as obras do Plan de Comunidades Veciñais para 2011. Martínez explicou que, logo de que as asociacións rematasen a finais de decembro a execución das 292 actuacións que contempla esta iniciativa, a institución xa aboou 250, é dicir, o 85% das mesmas. Isto supón, un investimento por parte do organismo provincial de 2 millóns de euros, dos 2,3 millóns de euros que achega en total. “Nunca se pagou con tanta axilidade. Cando chegamos ó Goberno, tivemos que liquidar obras de ata 2004”, remarcou.

O Deputado avanzou que a institución está á espera de recibir a xustificación doutros 10 traballos mentres está a tramitar os 32 restantes, que se levarán ás vindeiras Xuntas de Goberno, saldando este Plan. Precisamente, na sesión de hoxe acordáronse as contas xustificativas de 13 actuacións levadas a cabo en 9 Concellos, concretamente en Bóveda, Láncara, Pantón, O Páramo, Pobra do Brollón, Triacastela, O Vicedo, Vilalba e Xermade, por valor de 125.261 euros, dos que a Deputación achegou 92.580 euros, é dicir, case o 75%, que é o máximo permitido segundo as bases que rexen este proxecto.

Reducción do pago en 3 meses
As obras do Plan de Comunidades Veciñais para 2011 concedéronse no mes de abril e leváronse a cabo en 8 meses, finalizando, concretamente, a 31 de decembro, data na que os colectivos presentaron a xustificación destes traballos. A partir de entón, a Deputación puido iniciar o pago das subvencións, realizado practicamente en 2 meses. Isto supón unha reducción no prazo de 3 meses con respecto á anterior convocatoria. Abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, redes de sumidoiros, alumeados público ou acondicionamento de camiños rurais, foron os traballos executados en 65 Concellos da provincia, todos agás Rábade que non solicitou axudas. O orzamento total destas actuacións foi de 3,4 millóns de euros, dos que a Deputación achegou o 67,6%; é dicir, 2,3 millóns, e as asociacións veciñais, o 29% restante, 1 millón de euros.


Só 25 días
A Deputación xa contratou con fondos que a Unión Europea concedeu ó Innova-TE o programa E-Fácil, que permitirá a implantación da factura electrónica tanto no institución como en todos os Concellos que decidan sumarse a este proxecto. Isto permitirá, no caso do organismo provincial, reducir en 10 días o prazo de pago ós proveedores, principalmente PEMES e autónomos, situándo nos 25. A boa xestión levada a cabo nos últimos catro anos permitiu que hoxe en día, a Deputación de Lugo se sitúe á cabeza das administracións que menos tardan no proceso de pagamento, incluso por diante da Xunta, cuxo prazo de pago é de 39 días. Dende 2008 pasouse de pagar nun prazo de 88 días en outubro de 2008 -case 3 meses- a 33/35 días en 2011, anticipándose incluso ós prazos fixados pola Lei contra a morosidade de 2010 que obriga a que as administracións paguen ós proveedores en 50 días. Polo que respecta ás outras Deputacións, a de Pontevedra estao a facer en 60 días -2 meses-, a de Ourense en 120 -4 meses-, e a de Coruña en 32 días.