Deputación de Lugo

Arrinca o primeiro curso que o CENTRAD celebra en Mondoñedo

Sete alumnos comezan hoxe "Olaría de Mondoñedo", o 1ºcurso que o Centro de Artesanía organiza na localidade mariñana e que terá como escenario un obradoiro tradicionalEsta acción formativa desenvolverase os martes e xoves ata o vindeiro 15 de maio, de 17:00 a 19:00 horas, nun obradoiro situado no Barrio dos MuíñosO resto dos cursos programados, coa cota de prazas cuberta ós poucos días de abrir o prazo de inscrición, comezarán a finais de abril e comezos de maio

Hoxe dá comezo “Olaría de Mondoñedo”, primeiro curso organizado polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo nesta localidade mariñana. Esta acción formativa, na que participan sete alumnos, é parte da programación de cursos que organiza a institución provincial a través do CENTRAD. Tal e como ven facendo con éxitode convocatoria dende hai anos, a Deputación pon en marcha esta iniciativa de formación en artesanía para potenciar esta actividade a todos os niveis, xa que os seus responsables consideran que este sector, xunto co dos productos autóctonos, son un factor de crecemento económico moi destacado para a provincia.

Precisamente como impulso da artesanía e dos profesionais lucenses, por primeira vez o organismo provincial quixo achegar a formación do Centro de Artesanía a outros puntos da provincia, tal e como ven facendo cos cursos das súas Aulas de Formación. Deste xeito, hoxe dá comezo o primeiro curso do 2012 que se desenvolverá fóra das instalacións do Centro. “Olería do Mondoñedo” terá como escenario o obradoiro que a artesá María Jesús López Lage posúe no mindoniense Barrio dos Muíños. Ela será a encargarda de impartir as 16 horas das que consta esta acción formativa e nas que os participantes aprenderán as técnicas tradicionais dos “cacharreiros” mariñanos. Neste obradoiro, que conserva o antigo forno de leña, e que conta cun museo no que se exhiben pezas tradicionais, os futuros artesáns aprenderán o proceso completo dos oleiros, dende a preparación do barro ás técnicas de modelado ou as de cocción en sesións de 17:00 a 19:00 horas, os martes e xoves, ata o 15 de maio.

Tres cursos máis para a primavera

A oferta de cursos prevista para os meses de primavera complétase con outros tres que se desenvolverán a partir da última semana deste mes e a primeira de maio nos pavillóns cos que o CENTRAD conta na capital. Con todas as prazas cubertas, “Fabricación de pezas. Torques”, “Encaixe de palillos” e “ Iniciación á cestaría de vimbio” comezarán a partires do 21 de abril. Sete alumnos adicarán os sábados de 16:00 a 21:00 horas e os domingos de 9:00 a 14:00 horas á “Fabricación de pezas. Torques”. Outros 8 participantes, a partires do 30 de abril, elaborarán encaixe de palillos os luns, mércores e venres de 9:30 a 13:30 horas, e outros 10 se inciarán nas labores con vimbio de 9:00 a 14:00 horas, a partires do 8 de maio. de luns a venres.