Deputación de Lugo

Gómez Besteiro ratifica que o anuncio do BNG foi pagado con fondos dese partido e non cos da Deputación

Imaxe deputación de lugo
O Presidente subliña que se demostrou coa presentación das facturas que as acusacións do PP son totalmente falsas e que “se fora como dicen os populares, cousa que non é certo, eu tampouco estaría de acordo”Ó contrario do que fixo o BNG, o titular provincial lembrou que a Xunta, cando Feijóo era Vicepresidente, non foi capaz de xustificar a publicación dunha propaganda do PP á cargo de fondos públicos

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ratificou este xoves que o anuncio que o BNG publicou en diferentes medios de comunicación ó respecto do rescate da banca con 100.000 millóns de euros solicitado polo Goberno Central á Unión Europea foron pagados con fondos do partido, é dicir, con cartos do Bloque Nacionalista Galego, e non con diñeiro público da institución provincial.

Facendo alusión ás facturas desta publicidade que o BNG fixo públicas logo de facilitárllelas ata ós medios de comunicación, Gómez Besteiro destacou que “está acreditado documentalmente que o BNG fixo estes anuncios e que será este partido quen os satisfaga. Polo tanto, demóstrase que esas cuestións que plantexa o Partido Popular, asegurando que os anuncios se aboaron con cartos públicos da Deputación, son totalmente falsas e quen diga o contrario mente. Ademais, se fora como dice o PP, cousa que non é certo, eu tampouco estaría de acordo”.

O titular provincial subliñou que, ó contrario deste caso cuxos pagos están acreditados documentalmente, no ano 2005 a Xunta, sendo Alberto Núñez Feijóo o seu Vicepresidente, publicou unha campaña na prensa ó respecto do Plan Galicia e desacreditando ó Goberno Central socialista “sobre a cal non sabemos se tamén hai documentación para poder asegurar que non foi pagada con fondos públicos xa que inclúe o selo do Goberno galego. Pero isto é un asunto do Parlamento sobre o cal non queremos incidir máis”.