Deputación de Lugo

Miles de persoas coñeceron a riqueza dos Ancares co expositor que levou a Deputación a un centro comercial da Coruña

As case 220.000 persoas que visitaron Dolce Vita, segundo datos da xerencia, descubriron as rutas de sendeirismo, as casas de turismo rural, as pallozas ou os produtos autóctonos da zonaEsta iniciativa inclúese nas actividades de difusión das Reservas da Biosfera do convenio co Ministerio de Medioambiente de 1 millón de euros, cofinanciados nun 66% por fondos estatais

Miles de persoas coñeceron durante este mes a riqueza medioambiental dos Ancares Lucenses co expositor que a Deputación levou ó centro comercial Dolce Vita, da Coruña. É unha das actividades de difusión das Reservas da Biosfera, que se inclúe no convenio entre o organismo provincial e o Ministerio de Medioambiente. Mediante este acordo, dotado de 1 millón de euros cofinanciados nun 66% por fondos estatais, o organismo provincial está a executar un plan de acción para potenciar os espazos naturais recoñecidos pola UNESCO dos que é responsable.

Mostra delo, dende o 3 de maio ata este sábado, a institución amosou ás preto de 220.000 persoas que visitaron dita área comercial -datos da xerencia do centro- os recursos medioambientais, etnográficos e culinarios dos Ancares. E é que no “stand” os visitantes recibiron información sobre as posibilidades turísticas da zona -por exemplo as súas rutas de sendeirismo ou casas rurais-, tiveron a oportunidade de ver unha réplica dunha palloza cunha exposición no seu interior sobre os oficios artesanais, así como desgustar produtos tales como derivados do Porco Celta. Ademais, coñeceron polo miúdo a oferta de produtos autóctonos coa 1º plataforma de comercio electrónico da provincia que puxo en marcha a Deputación. Deste xeito, Puideron entrar en www.losprodutosdelugo.com e comprobar o sinxelo que é mercador produtos lucenses as 24 horas dos 365 días do ano. Como actividades complementarias, houbo sorteos de estancias en casas de turismo rural e de cestas de produtos dos Ancares, así como obradoiros de oficios artesanais.

Con esta iniciativa, a institución luguesa continúa impulsando o desenvolvemento das Reservas da Biosfera das que é xestora -Terras do Miño e os Ancares Lucenses- tal e como recolle o convenio co Goberno Central. O seu obxectivo é difundir entre a cidadanía en xeral e entre os profesionais dos sectores vinculados a todo o relacionado co medio ambiente, en particular, as características e recursos destes espazos Reservas da Biosfera, para garantir a súa conservación, atraer visitantes e dinamizar a economía dos seus territorios a través dunha xestión sostible.