Deputación de Lugo

Fusionar vidro para a elaboración de innovadoras pezas, contido do curso que o Centro de Artesanía e Deseño levou a Monforte

A Deputación organiza este obradoiro na cidade do Cabe dentro da súa aposta por descentralizar a programación do CENTRAD para facilitar o seu acceso e impulsar o labor de artesáns de toda a provinciaXunto con esta acción formativa, a institución iniciou hoxe un total de 5 en Triacastela e na capital sobre coiro, cestaría e tear, mentres segue a desenvolver o curso Escultura de CerámicaSó quedan prazas libres para 5 dos 14 obradoiros que a Deputación celebrará de aquí a final de ano. Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.org ou www.centrad.org

Fusionar vidro para a elaboración de innovadoras pezas. Este é o contido do curso que o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación iniciou hoxe en Monforte de Lemos, dentro da súa aposta por descentralizar a programación do CENTRAD para facilitar o seu acceso a veciños de diferentes localidades e impulsar o labor de artesáns de toda a provincia.

Por este motivo, a profesora desta acción formativa é Dolores López Vázquez, profesional da cidade do Cabe, onde se sitúa o seu taller, que se adica a creación de diferentes artigos de vidro para a súa posterior venda ou exposición. Esta artesá está a ensinar a unha decena de persoas as técnicas de Fusing e Termoformado. López Vázquez explicou que o Fusing consiste na superposición de diferentes pezas de vidro mentres que o Termoformado é o seu moldeado mediante temperatura de ata máis de 700 grados. Esta monfortina ensinará, ademais, ós seus alumnos a limpeza, corte, tipoloxía ou a decoración do vidro, así como a súa manipulación coas ferramentas axeitas ou pranchas ata o vindeiro 23 de novembro, na rúa das Hortas 29.

5 novos cursos

Con este curso, son 5 os que hoxe se iniciaron na provincia. A Deputación levou outro a Triacastela. Trátase do de Tear de Baixo Lizo, que imparte Cecilia Carballo Castrillón, artesá da zona que se adica a creación de traxes tradicionais. Xa nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño, na Travesía Rúa Chantada s/n da cidade de Lugo, estanse a desenvolver os seguintes obradoiros: Cestería Tradicional Galega en Vimbio, Fundas de Coiro e Tecidos Decorativos en Tear Baixo Lizo. Ó mesmo tempo, tamén na capital luguesa, continúa o curso Escultura de Cerámica logo de rematar o de Cestaría en Espiral a partir de teas recicladas.

Derradeiras prazas

Todas estas actividades inclúense na segunda tempada de cursos que o CENTRAD desenvolverá ata final de ano. Trátanse de 14 obradoiros de cestaría, xoiaría, confección en coiro, téxtil, cerámica, vidro ou forxa, con case 500 horas prácticas para un total de 120 persoas. Os únicos cursos nos que quedan prazas dispoñibles son os de: Forxa; Da Artesanía á Arte; Cestaría Tradicional: Cabazas de Noia e Cesto; Cestaría de Xuncos; e Cestaría de Vimbio. Todos os interesados poden facer a súa inscrición, entrando nas páxinas web www.deputacionlugo.org e www.centrad.org, espazos nos que atoparán o modelo de solicitude. Para máis información, o teléfono de atención é o 982-21-00-66.