Deputación de Lugo

A Deputación imparte mañá na Milagrosa unha conferencia para pais e nais sobre o uso responsable de Internet

Imaxe deputación de lugo
A xornada, que e gratuíta e aberta ó público ás 19:30 horas no Centro de Servizos Sociais da Milagrosa, resposta á petición realizada pola ANPA do colexio de Paradai ó In Lugo

A Deputación de Lugo, a través do Centro de Innovación Social, In Lugo, ofrecerá mañá no Centro de Servizos Sociais da Milagrosa unha conferencia para pais e nais sobre o uso responsable e seguro de Internet por parte dos menores. O acto terá lugar ás 19:30 horas.

Con esta charla coloquio, o organismo provincial responde a una solicitude realizada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do colexio de Paradai, aínda que o acto, totalmente gratuíto, está aberto a toda persoa interesada no tema.

Esta actividade forma parte da programación de accións formativas en Tecnoloxías da Información e a Comunicación que está desenvolvendo dende o mes de setembro por toda a provincia o Centro de Innovación Social, un proxecto da Deputación cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. A programación que ten en marcha o In Lugo, que continuará ata finalizar o ano, inclúe un centenar de accións formativas con capacidade para 1.500 persoas.