Deputación de Lugo

A Deputación dota a 150 veciños de Meira dun novo sistema de traída de auga tras máis dunha década con continuos cortes

A Xunta de Goberno aproba unha subvención de 180.000 euros para obras de mellora na traída de auga de Vilar de Mouros, parroquia gandeira con 800 cabezas de gandoMartínez salienta que se tratan “duns traballos imprescindibles, moi demandados polos veciños e comprometidos polo anterior Alcalde, que agora asume a Deputación” A institución dota ó Consistorio da Fonsagrada dunha caldeira de biomasa para que este municipio aforre custes enerxéticos, e equipa ó In Lugo de novo material tecnolóxico con fondos europeos co fin de que PEMES lucenses desenvolvan os seus proxectos

A Xunta de Goberno aprobou conceder unha subvención á comunidade de veciños Salgueiro Vello, pertencente á parroquia de Vilar de Mouros, no Concello de Meira, para a execución das obras de mellora no sistema de traída de auga, por valor de 180.000 euros, sufragados ó 100% pola Deputación.

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que “trátanse duns traballos moi demandados polos veciños desta localidade xa que levan máis dunha década sufrindo continuos cortes no sistema, quedando varios días sen auga no verán. Ante esta situación, o anterior Alcalde este municipio, Antonio De Dios, prometera realizar estas actuacións, que agora asume a institución provincial, tendo en conta a súa necesidade. E é que estamos a falar dunha parroquia con máis dun cento de veciños que se adican, na súa maioría, ó sector gandeiro, facendo imprescindible un sistema de traída de agua en perfectas condicións para desenvolver o seu traballo.

Concretamente, Vilar de Mouros conta con 150 veciños e ducias de explotacións gandeiras, que suman unhas 800 cabezas de gando. Estes traballos xa contan co permiso imprescindible da Confederación Hidrográfico do Miño-Sil polo que a Deputación poraos en marcha próximamente.

Aforro de gastos correntes ós Concellos

O voceiro socialita avanzou que “dentro da nosa aposta polo aforro de gastos correntes ás entidades locais”, a sesión acordou modificar o proxecto da Casa Consistorial da Fonsagrada para substituir o sistema de calefacción previsto nun principio por unha caldeira de biomasa que permita, non só reducir emisións de gas, senón diminuir a factura enerxética. Este cambio non conleva ningún incremento no presuposto destas actuacións, que é de 850.000 euros, incluidas no Plan Extraordinario de Obra Pública da Deputación. Martínez adiantou que “estes traballos serán, ademais, os últimos para finalizar nas vindeiras semanas o novo Consistorio da Fonsagrada”.

Impulso ás PEMES

A Xunta de Goberno aprobou a contratación de novo equipamento tecnolóxico para que PEMES da provincia, así como cidadáns en xeral, empreguen sen custe algún co obxectivo de desenvolver os seus proxectos e ganar competitividade. Para elo, este material estará no primeiro Centro de Innovación Social en Galicia que puxo en marcha a Deputación de Lugo, é dicir, no In Lugo. Esta actuación enmárcase no Plan Avanza, polo conta cun orzamento de 64.130 euros, dos que 47.000 euros son fondos europeos.