Deputación de Lugo

Lara Méndez participa na V Festa do Porco Celta de Sarria, financiada pola Deputación con 4.000 euros

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial suma esforzos cos Concellos de Sarria, Samos, O Incio e Triacastela, establecementos destes municipios e ASOPORCEL na organización desta citaA institución luguesa impulsa máis de 30 eventos na provincia destas características, cuns 130.000 euros, para xerar riqueza en Lugo, potenciando os produtos autóctonos

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participou este sábado na Festa do Porco Celta sarriana, financiada pola Deputación con 4.000 euros. Con esta achega, a institución provincial suma esforzos cos Concellos de Sarria, Samos, O Incio e Triacastela, establecementos de ditos municipios, así como coa Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (ASOPORCEL), na organización da quinta edición desta cita gastronómica.

A colaboración do organismo provincial enmárcase na súa aposta polo impulso dos produtos autóctonos para xerar riqueza en Lugo. Por este motivo, ó igual que financia a Festa do Porco Celta de Sarria, a Deputación impulsa outros eventos na provincia como a Festa do Berberecho de Foz, o Mercado Renacentista de Viveiro, a Feira de Produtos Ecolóxicos e Artesáns de Burela, a Festa da Cereixa de Ribas do Sil, a Festa da Castaña do Courel, a Festa da Canteiría e Callos de Guitiriz, a Festa da Empanada de Chantada...., ata superar as 30 xornadas, para as que achega máis de 130.000 euros.

Isto fai posible que, por exemplo, esta fin de semana o Pavillón dos Institutos de Sarria acolle 416 comensais, distribuídos en mesas de 13 persoas cada unha, para degustar un cocido de derivados do porco celta. En total, serán máis de 500 pezas de lacón, butelo, “soá”, chourizos e cachola, acompañados de cachelos, garavanzos e grelos, ademais de queixos, membrillo e roscón coma postre. O menú complétase con café e licores, así como da típica queimada. A celebración continuará mañá, cun xantar especial a base de ovos, patacas e chourizos de porco celta que ofrecerán os hoteis e locais da organización.