Deputación de Lugo

A Deputación aborda o turismo e o comercio da provincia nas mesas sectoriais do Plan Estratéxico

Imaxe deputación de lugo
Axentes socioeconómicos analizan a diagnose pormenorizada da provincia que determinará a redacción do Plan prevista para agosto

O Plan Estratéxico da provincia, que está a elaborar a Deputación en colaboración con Caixa Galicia, celebra este xoves e o vindeiros martes dúas novas mesas sectoriais nas que se analizarán e debaterán os sectores do turismo e comercio da provincia. En total son 21 mesas nas que, desde o mes de maio, os representantes socioeconómicos analizan a diagnose pormenorizada da provincia que se elaborou durante a primeira fase o Plan, e fan as súas propostas. Hoxe, ás 17:00 horas, no INLUDES terá lugar a de turismo e o vindeiro martes, 16 de xuño, ás 12:00 horas, a de comercio. Nestes momentos xa se celebraron as mesas relativas á demografía e mercado de traballo, ós sectores da agricultura, forestal, pesca e marisqueo, así como á sociedade da información e abastecemento e saneamento.Esta é a primeira vez que en Lugo se prepara un Plan Estratéxico que vai afrontar a provincia dun xeito global. Trátase dun documento importante porque recollerán a realidade desta provincia e os seus retos de cara o futuro. Está previsto que o documento estea rematado no mes de agosto.