Deputación de Lugo

A Asociación Concepción Arenal premia ó Concello de Viveiro polo seu traballo na defensa da prevención do delito e da reinserción social

Imaxe deputación de lugo
A entrega realizouse no marco da inauguración das XXI Xornadas Penitenciarias celebrada onte en Lugo

O Deputado provincial e alcalde de Viveiro, Melchor Roel, recibiu onte unha das medallas que a Asociación Concepción Arenal de Lugo entregou a persoeiros e a Concellos que desinteresadamente traballan a prol da reinserción social das persoas. Melchor Roel, como alcalde de Viveiro, recibiu un destes metais que tamén compartiron outros 15 galardoados.O acto de entrega coincidiu coa inauguración das XXI Xornadas Penitenciarias que se están a celebrar estes días na cidade e que pretenden ofrecer unha visión da reeducación e da reinserción social. Con este galardón a Asociación Concepción Arenal quixo premiar ó concello vivairense polo seu traballo neste eido, colaborando e participando nos programas que dende o Goberno central se lle plantexaron, cumprindo as condenas alternativas e mesmo prestando colaboración ós servizos sociais.No acto de inauguración que, contou coa presenza do fiscal xefe de Lugo, Jacinto Fernández Vilalbilla, tamén se homenaxeou, entre outras entidades, ás áreas de Servizos Sociais dos Concellos de Ribadeo e de Lugo.