Deputación de Lugo

A Asociación Sociopedagóxica Galega foi recibida, por primeira vez, na Deputación de Lugo

O presidente da Asociación Sociopedagóxica Galega, Xoan Costas Casas, foi recibido polo vicepresidente primeiro e polo responsable da área de Cultura e Educación da Deputación

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao e o responsable da Área de Educación, Antonio Veiga recibiron hoxe ao presidente da Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG), Xoan Costas Casas.O presidente da AS-PG manifestou o seu agradecemento aos membros do goberno da Deputación polo seu recibimento, xa que según Xoan Costas “é a primeira vez que se abre as portas desta casa á entidade que represento”.O responsable da área de educación, o nacionalista Antonio de Veiga, asegurou que se abre unha nova etapa na deputación na que a entidade provincial contará con este tipo de entidades sectoriais á hora de emprender proxectos específicos relacionados coas respectivas áreas de actuación.Esta xuntanza foi unha primeira toma de contacto que nun futuro próximo se materializará na colaboración entre ámbas entidades. Por parte da Deputación o responsable de cultura, Antonio Veiga sinalou que “compre apoiar a entidades que levan anos impulsando dende o eido da educación o uso da lingua os valores diferencias da cultura do noso país”.