Deputación de Lugo

Os xiros e piruetas de 20 dos mellores surfes de toda Europa na praia barreirense de Lóngara causan sensación

O Surf-Camp organizado pola Deputación renova á alza o seu éxito de participación, servindo un ano máis de tirón para aumentar a ocupación hoteleira da Mariña, que chega a rozar estes días o 80% nos establecementos da comarca oriental Ademais das exhibicións dos profesionais do surf, nenos e maiores gozarán no paseo marítimo de Viveiro de paseos en skates eléctricos, longskate e segway, e dun simulador de surfA xornada de hoxe completarase cunha comida popular en Lóngara, que reunirá a unhas 150 persoas, e cun concerto en Ribadeo pola noite da banda viveirense Sunday Morning Club

Vinte dos mellores surfistas de toda Europa demostraron este sábado pola mañá nas praia barreirense de Lóngara o seu talento sobre a auga na segunda xornada do Surf-Camp, organizado pola Deputación de Lugo. Os espectaculares xiros e piruetas destes mestres das olas causaron sensación entre as ducias de persoas chegadas non só de toda a provincia lucense, senón tamén do resto da comunidade galega, Asturias e León.

O certame renova deste xeito á alza o éxito de participación de pasadas edicións, servindo un ano máis de tirón para aumentar a ocupación hoteleira da Costa lucense, que chega a rozar estes días o 80% nos establecementos da comarca oriental. A terceira edición do Surf-Camp afiánzase así como revulsivo económico da comarca, ó tempo que consolida ó surf como reclamo turístico para atraer visitantes á zona fóra tempada, ó longo de todo o ano.

De feito, o renome internacional dos participantes atraeu a xornalistas de tódolos medios especializados de surf do país, como www.fuelsurf.tv; www.surflimit.com; www.costasurf.com; www.aremojo.com ou www.cervezasalada.com Están presentes ademais representantes da Federación Española de Surf e da Asociación Madrileña de Surf, que conta con 25.000 seguidores de toda España.

Gony Zubizarreta; Kepa Acero; Aritz Aramburu; Jonathan González; Hodei Collazo; Adur Letamendia; Marlon Lipke; Luis Rodríguez; Guillermo Alonso; Daniel Aznar; Mario Azurza; Indar Unanue; Pablo Solar; Pablo Gutiérrez; Jaime Azpiroz; Lucía Martiño; Garazi Sanchez; e Yoli Rodríguez acapararon tódalas miradas pola mañá coas súas exhibicións.

A xornada continuará cunha comida popular no areal de Lóngara, na que está prevista a asistencia dunhas 150 persoas persoas, e xa pola tarde nenos e maiores gozarán no paseo marítimo de Viveiro de variadas actividades, como paseos en skates eléctricos, longskate e segway, ademais dun simulador de surf. Ó mesmo tempo, na praia de Esteiro, en Xove, terá lugar unha exhibición tag team, na que os surfistas profesionais e membros dos clubs mariñanos de surf darán o mellor de si sobre as olas. Xa pola noite, o grupo vivariense Sunday Morning Club ofrecerá un concerto no pub TRES60 de Ribadeo.

Mañá, clases maxistrais gratis

Mañá, unhas 200 persoas de tódalas idades recibirán clases maxistrais gratis de iniciación e perfeccionamento por parte de figuras europeas do surf, acompañados de monitores, na praia focense da Rapadoira. Coñecerán os segredos, trucos e técnicas deste deporte acuático da man dos mellores.