Deputación de Lugo

O I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros encherá de música e danza balcóns e rúas do casco histórico de Lugo

Estudantes de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son organizan o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (FIBES), unha sorprendente iniciativa pioneira en Galicia de promoción cultural que busca a implicación do público A idea é dos alumnos da EIS do módulo Planificación, Espectáculos e Eventos de 1º de Produción, que contan coa colaboración de compañeiros de Realización e de alumnos do Conservatorio de Música lucense e da Escola de Arte Ramón FalcónO día 10 de maio, entre as 11:00 e as 00:00 horas, haberá actuacións de música clásica, jazz, rock e mesmo dun Dj nos balcóns de Concello, Pazo de San Marcos, Casa das Pombas, Praza de Abastos e Hotel Méndez Núñez

Espazos do centro histórico e balcóns da cidade, coma os da Deputación Provincial, o Concello ou a Casa das Pombas, convertiranse por un día en escenarios culturais nos que se realizarán concertos e espectáculos de danza, protagonizados por grupos e artistas lucenses. Trátase do I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (Fibes), que buscará a implicación do público grazas ás numerosasAdemais o Fibes tamén buscará a implicación do público co factor sorpresa como unha das súas principais características.

O Fibes é unha iniciativa pioneira en Galicia, organizada na súa totalidade polos alumnos de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual. Contan coa axuda dos seus compañeiros de 1º de Realización, que se encargarán de gravar todas as actuacións para, máis tarde, poder realizar un DVD sobre o acontecido durante o Festival. Na iniciativa tamén colaboran estudantes doutros centros educativos, como os do Conservatorio Profesional de Música de Lugo ou da Escola de Arte Ramón Falcón: un dos alumnos desta Escola, Rodrigo Insua, foi o encargado de deseñar toda a imaxe corporativa do Festival.

Coa organización e celebración do Fibes cúmprese un dos obxectivos educativos primordiais da Fundación TIC, que é o de fomentar a realización de prácticas en escenarios reais ó alumnado co fin último de proporcionarlles unha formación acorde á realidade do mercado de traballo.

Horarios e localizacións

O Fibes celebrarase o vindeiro 10 de maio, a partires das 11:00 horas. Dende esa hora e ata a medioanoite, desenvolverase un variado programa. As actuacións e localizacións son as seguintes:

- ás 11:00 horas, na Praza de Abastos actuará o grupo Combo Jazz, do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

- ás 12:30 horas, no balcón do Hotel Méndez Núñez, terá lugar a actuación de David Taboada e Asociados.

- ás 17:00 horas no balcón da Casa Consistorial actuarán diferentes agrupacións do Conservatorio.

- ás 19:00 horas no balcón do Pazo de San Marcos, será a quenda da formación Tierra de cinco minutos

- ás 21:00 horas nos balcóns da Casa das Pombas da Prazo do Campo, tocará o grupo de rock monfortino The Miñocas

- finalmente ás 22:00 horas, e tamén nos balcóns da Casa das Pombas, o DJ KOO será o encargado de pechar a I edición do Fibes.