Deputación de Lugo

A Deputación acondiciona 700 quilómetros da rede viaria provincial co Plan de Rebacheo

50 operarios e 32 máquinas traballan esta semana en 9 Concellos: Xove, Vilalba, A Pastoriza, As Nogais, Cospeito, Pol, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, CervantesA institución acondicionou xa 200 quilómetros de estradas provinciais doutros 7 municipios: Burela, Cervo, Riotorto, A Pontenova, Castroverde, Quiroga e Ribas do Sil

A Deputación acondiciona esta semana 700 quilómetros da rede viaria provincial co Plan de Rebacheo. E é que os 50 operarios e 32 máquinas despregadas pola institución luguesa para a execución desta programación están a traballar en 9 Concellos. Son os de Xove, Vilalba, A Pastoriza, As Nogais, Cospeito, Pol, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes.

Con esta iniciativa, a Deputación xa arranxou nos últimos días 200 quilómetros de 7 municipios: Burela, Cervo, Riotorto, A Pontenova, Castroverde, Quiroga e Ribas do Sil. Nas vindeiras semanas, a institución proseguirá coa realización deste Plan, mellorando a totalidade da rede viaria provincial -a máis extensa de España con máis de 4.200 quilómetros- actuando nos 67 Concellos da provincia. Para elo, o organismo provincial achega 5 millóns de euros con cargo ó Plan de Conservación de Estradas 2013.

Estes actuacións súmanse as levadas a cabo por este Goberno Provincial nos últimos anos. Por exemplos, o Executivo de Gómez Besteiro multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 os que contan con este material. Por este motivo e tendo en conta que esta superficie está en boas condicións, o número final de quilómetros sobre os que se intervirá co Plan de Rebacheo é de 3.200.

Ademais de aglomerar en quente 1.000 quilómetros, o Goberno provincial acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como a sinalización e balizamento das vías dos 67 Concellos lucenses. Entres outras actuacións, destacan:

Colocación de máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop).
Un milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas.
Máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña.
Sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades.
Instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.