Deputación de Lugo

A Deputación colaborou coa Feira de San Isidro cunha axuda de 1.200 euros á Asociación para o Desenvolvemento de Paradela

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa organización da feira do San Isidro de Paradela concedendo unha axuda de 1.200 euros, procedentes do Plan Estratéxico de Subvencións do organismo provincial, ós organizadores do evento, a Asociación para o Desenvolvemento de Paradela (ADESPA).

Con esta achega de 1.200 euros -e non de 3.000, como se fixo público por erro no seu momento-, a institución provincial presta a súa colaboración, do mesmo xeito e na mesma contía, coa que o vén facendo dende hai anos, no seu momento a través do Inludes e, dende a desaparición deste organismo en aras da racionalización de gastos que o executivo provincial actual mantén dende a súa chegada ó Goberno provincial, dende a propia Deputación.