Deputación de Lugo

Os tapóns de plástico volven axudar a un rapaz lucense

Gómez Besteiro participou este luns na entrega de 2.600 euros que proceden da iniciativa Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente coa que se recolleron máis de 10.000 toneladas de plásticoNeste proxecto colaboran a Fundación Puro Cora, a Deputación e Concello de Lugo, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Apsnais, a Asociación Española contra el Cáncer, Allplas, Prelo, Envialia e reciclajes ContemarUn comité de expertos valora a prioridade dos casos para escoller a quén destinar os cartos procedentes da recolección e posterior venda dos tapóns.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este luns no acto de entrega do cheque de 2.600 euros que provén do proxecto Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente da fundación Puro Cora. Esta iniciativa, na que colaboran grande cantidade de asociacións e institucións, nace para tentar axudar a nenas, nenos, mozas e mozos que padezan algunha enfermidade grave. Desta vez, as luguesas e lugueses chegaron a xuntar 10.000 toneladas de plástico que foron vendidos posteriormente á empresa Contemar por 2.600 euros. Nesta ocasión o beneficiado é Adrián García Casado, un neno de 8 anos que sofre paralise cerebral. Agora o rapaz precisa de axuda para camiñar e ten graves dificultades para moverse e falar.

Despois de valorar os diferentes casos, o comité de expertos, formado por un médico, unha farmacéutica, unha psicóloga e unha traballadora social, decidiu donar a recadación a Adrián García, que se atopa nunha situación difícil. Os pais do rapaz non teñen traballo e con apenas 450 euros non poden facerse cargo dos carísimos tratamentos que Adrián necesita para poder combater contra a súa enfermidade e así evolucionar e tentar modificar a situación actual. A cantidade de problemas relacionados coas enfermidades que sofre o neno e a situación económica pola que pasa a familia foron fundamentais para tomar a decisión e elexir finalmente ó neno como o beneficiario da solidariedade dos lucenses.

É preciso salientar que este proxecto mira tamén polo medio ambiente, xa que as toneladas de plástico conseguidas irán á planta de reciclaxe, para seren de novo aproveitadas e deste xeito coidar o espazo que nos rodea.

Grande apoio institucional

Ó acto de entrega achegáronse un grande número de persoas coa intención de mostrar o seu apoio a esta iniciativa co fin de axudar ós que máis o necesitan. Entre eles atopamos, ó Presidente Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; á Presidenta Colegio Farmacéuticos de Lugo, Guadalupe Penzol; á Presidenta de Apsnais, Concepción Teijeiro; ó Presidente Asociación de Empresarios Polígono Industrial Ceao e Director de Allplas, Angel López Lugilde; á Presidenta de AECC, María Concepción Martín Varela; ó Director de PRELO, Manuel López; ó Director de Reciclajes CONTEMAR, Miguel Abel Real; á Responsable da organización Banco de Tapóns de Lugo, Chelo Varela e á responsable do Banco de Tapóns en Monforte de Lemos, María Rajo entre outros.

As diferentes asociacións mencionadas anteriormente traballan en equipo para conseguir como fin último mellorar a calidade de vida das persoas que posúen algún problema grave que lle impide desenrolar unha vida con normalidade. As relacións establecidas entre os diversos grupos o que producen é una mellor xestión dos recursos, que reverte moi positivamente á hora de por en marcha novas campañas coma a deste ano.

O nacemento do proxecto

Esta iniciativa altruísta nace grazas ó impulso da Fundación Puro Cora, e coa colaboración de institucións como a Deputación e o concello de Lugo entre outros. Cómpre valorar tamén a intervención de Lucía Vázquez, unha luguesa nomeada participe honorífica pola súa dedicación e por a posta en marcha desta idea. A moza lucense encárgase tamén da xestión das páxinas do proxecto nalgunha rede social, ademais de colaborar a nivel organizativo e clasificando o material. Na primeira recolección de tapóns tamén se acadaron uns resultados moi positivos e foron capaces de xuntar multitude de tapóns cos que axudaron a Uxía, quen naceu sen unha man. O diñeiro recadado foille entregado a súa nai, Nuria Cobo, o pasado mes de maio.