Deputación de Lugo

A Deputación financia nun 50% a Feira dos Callos, Canteiría e Artesanía de Parga, garantindo a súa permanencia

Na cita, que se celebrará o vindeiro domingo 21 de xullo se poderán ver como traballan artesáns da pedra, da madeira e de tearO organismo provincial mantén ó seu compromiso coa feira aportando 3.000 euros, dúas exposicións e varias exhibicións de artesánsDurante a feira poderanse ver ademais exposicións de traxes rexionais e de artesanía de toda a provincia aportadas para a ocasión polo CENTRAD

A Deputación colabora un ano máis coa Comunidade de Montes Veciñais de Santo Estevo de Parga que organiza para o vindeiro domingo 21 de xullo a XIX Feira dos Callos, Canteiría e Artesanía. A institución luguesa, a pesar da crise, mantén a súa aportación económica á cita como mostra do apoio ao sector artesán da zona. A deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participou na presentación das actividades previstas para a vindeira edición.

A Deputada xustificou a achega da Deputación, por tratarse dunha cita consagrada que reúne a un importante número de participantes e que serve de impulso dos produtos autóctonos e oficios artesanais da provincia. A contía que aporta a institución é de 3.000 euros, que xunto coa colaboración do CENTRAD achegan unha importante suma que supón ó redor do 50% do orzamento dos organizadores. Regina Polín explicou que a Deputación colabora coa Feira da Artesanía dende o ano 2008 e amosouse convencida das posibilidades como reclamo turístico da cita. Por este motivo, fixo un chamamento ós organizadores e ás administracións implicadas para aunar esforzos e conseguir para a Feira de Parga a declaración de interese turístico cultural en Galicia.

Regina Polín explicou que o organismo provincial realiza un importante esforzo para achegar á cita tanto recursos económicos como de persoal. 8 persoas levan traballando maís de 20 días no acondiciomento das instalacións que acollerán as exposicións do CENTRAD. Nos locais da Comunidade de Montes no campo da feira se poderán ver importantes pezas de artesanía de valor incalculable. Nunha delas se poderá admirar 9 traxes rexionais e noutra diferentes traballos de artesanía típica da provincia con pezas de oleiría, pedra ou cestería, ente outros. As dúas exposicións están realizadas cos fondos que o CENTRAD dispón para exposicións itinerantes e se poderán visitar no Centro de Dinamización da Feira e no Baixo da Escola das Nenas no mesmo campo da feira de Parga. Deste xeito a Deputación calcula a súa aportación supera os 4.500 euros o que supón o 50% do orzamento co que contan os organizadores.

Exhibicións en vivo e gastronomía

O CENTRAD tamén fai a súa achega á cita con dúas demostracións en vivo. Durante a mañá se poderá ver traballar a Marcos Ladra co tallado de madeira e a Cecilia Carballo cun tear.
Como cada ano, a cita inclúe as exhibicións de técnicas de traballo de canteiros que realizarán pezas escultóricas no campo da feira e Parga. De entre todas, se escollerán as mellores para formar parte da exposición ó aire libre coa que conta a Comunidade de Montes Veciñais. O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o mesmo día da feira, os que se animen a participar disporán dun bloque de granito silvestre de 40 por 20 cm para facer a súa creación. Os organizadores destacan as características do material co que traballarán, xa que se trata dunha pedra típica da zona e única no mundo.

Gastronomía e artesanía

A pedra non será a única protagonista da cita, senón que dende primeira hora da mañá se poderá ver no campo da feira de Parga outros traballos de artesáns de toda a provincia. Os visitantes poderán mercar pezas realizadas con coiro, madeira ou pedra a prezos moi variados.

Como cada ano, a feira inclúe tamén o seu oco para a gastronomía, neste caso dedicada aos callos, un prato cun forte arraigo na zona, por tratarse dun alimento típico nas antigas feiras das mulas. Os organizadores ofertarán unhas 1.500 racións de callos que se poñerán á venta ao prezo de 3 euros que se reducen a tan só 2 euros no caso de repetir. Os comensales se levarán ademáis a cazola conmemorativa como recordo da feira.