Deputación de Lugo

A Deputación investiu na Ribeira Sacra 335.000 euros en melloras nas dotacións públicas do rural

Son traballos executados en todos os concellos da comarca coas que a institución ofrece servizos de calidade ós veciños e reivindica “o dereito a vivir no campo”Con estas actuación tamén se promove o emprego e a economía local ó contratar para a súa execución pemes e autónomos da zonaEste mesmo ano, o organismo provincial financiará outras 50 obras en todos os Concellos da Ribeira Sacra, achegando un novo investimento de 363.000 euros

A Deputación investiu 335.000 euros en 39 actuacións de mellora de dotacións públicas do rural na totalidade dos Concellos da Ribeira Sacra. Os encargados de executar estas obras son autónomos e pequenas empresas lucenses e as actuacións, que se enmarcaron no Plan de Comunidades Veciñais da institución veñen de rematarse.

A Deputación realiza este plan con intención de mellorar a calidade de vida dos veciños no rural dotando ás poboacións de servizos e infraestruturas que non son asumidas por outras administracións. Deste xeito a institución provincial contribúe co aforro ás entidades locais e fomenta o emprego na provincia xa que son profesionais da zona os que realizan estas obras. A Deputación ten por obxectivo frear o despoboamento do rural, para o que reivindica con estas medidas o “dereito a vivir no campo”.

Con cargo a este plan, realizáronse diversas actuacións como o acondicionamento de camiños públicos en Taboada, Chantada, Saviñao e Bóveda; a reforma de locais sociais en Pobra de Brollón, Pantón e Monforte ou a mellora nas instalacións de captación de auga en Quiroga e Ribas de Sil, entre outras

A Deputación mantén aberta esta liña de melloras para o rural coa que se financia o 100% das intervencións e para este ano 2013 está prevista a realización doutras 49 actuacións nestes mesmos concellos sumando un investimento total de 363.000euros. En toda a provincia son máis de 240 actuacións que se realizan con cargo a este plan que conta cun orzamento de 2 millóns de euros.