Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa na tradicional Feira de Santos de Monterroso

Gómez Besteiro destacou o revulsivo económico que supón para a provincia a celebración desta xornada, na que 1.000 profesionais poñen á venta os seus produtos, capaz de reunir a 100.000 persoasO organismo provincial aproveita a afluencia de público para levar a Monterroso o Barco Muralla e dar a coñecer a riqueza medioambiental lucense

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, participou este venres na tradicional Feira de Santos deste municipio. Trátase dunha cita que conta con máis de 500 anos de antigüidade, declarada de Interese Turístico Galego, na que 1.000 profesionais poñen á venta exemplares de gando, produtos autóctonos, de artesanía ou maquinaria agrícola, entre outros. Gómez Besteiro destacou o revulsivo económico que supón para a provincia a celebración desta xornada, capaz de reunir a 100.000 persoas, ás que dá a coñecer a riqueza lucense.

O organismo provincial aproveitou a afluencia de público para levar este venres a Monterroso o Barco Muralla, a aula medioambiental da Deputación, que difunde o patrimonio natural lucense, informando ós seus visitantes sobre as oportunidades que xeran as Reservas da Biosfera da provincia.

No que vai de ano, o Barco Muralla recibiu a máis de 10.000 persoas, nas visitas que realizou ós Concellos, durante a celebración de recoñecidos eventos de interese turístico, como por exemplo a Festa da Malla de Meira, en As San Lucas en Mondoñedo, ou as patronais de Monforte de Lemos e A Fonsagrada.