Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía e Deseño acolle a presentación do novo disco do prestixioso músico Kepa Junquera

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, que acompañou ó artista, destacou o labor de difusión do patrimonio musical galego que leva a cabo Junquera no seu álbum GalizaO músico interpretou varias pezas musicais nas que se combinan o acordeón vasco coatrompa galega, propia da Fonsagrada, que executaron os lucenses Emilio e Daniel Os PandosO músico destacou o traballo do organismo provincial en prol da investigación e promoción da tradición musical lucense e galega levada a cabo desde o CENTRAD

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, acompañou ó prestixioso músico vasco Kepa Junkera que este mércores visitou o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación para presentar o seu novo disco Galiza. Este novo traballo musical contribúe á difusión do patrimonio musical galego coa presenza de instrumentos tradicionais como a trompa de boca, típica da Fonsagrada, na Montaña Luguesa.

No acto, Regina Polín destacou o traballo de Junquera que contribuirá a dar a coñecer en todo o mundo “a riqueza da tradición musical de Lugo e Galicia, representada, neste caso pola trompa de boca. Este tamén é o obxectivo do Centro de Artesanía e Deseño”, salientou.

O artista destacou o labor do CENTRAD, desenvolvendo iniciativas para dar coñecer entre a poboación a artesanía musical e posuídor dunha ampla e destacada colección de instrumentos. Kepa Junquera tamén explicou que elixiu a trompa de boca pola súa combinación co son do acordeón diatónico vasco, instrumento que lle deu recoñecemento como músico.

O músico vasco interpretou en directo algunha das pezas recollidas neste álbum que debe o seu nome á presenza do acordeón diatónico acompañado de diferentes instrumentos galegos como a gaita, o pandeiro ou a trompa, que hoxe soou no Centro de Artesanía grazas ós Fonsagradinos Emilio e Daniel, coñecidos como Os Pandos. Estos son algún dos máis de 200 artistas que participaron na gravación do disco como Cristina Pato, Luar na Lubre, Leilía, ou Treixadura, entre outros.

Colección de instrumentos

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación recupera o patrimonio artesán da provincia, entre o que destaca os instrumentos musicais tradicionais. Nas súas instalacións conta cunha exposición gratuíta aberta ó público con máis de 500 instrumentos. Entre as pezas expostas atópanse instrumentos tradicionais galegos e aparellos musicais doutras culturas. As trompas de boca depositadas no CENTRAD conforman a exposición máis importante deste instrumento a nivel mundial e entre as pezas destaca unha trompa do século XVIII depositada por Emilio O Pando.