A campaña de apoio da Ribeira Sacra á Patrimonio da Humanidade acada as 5.000 sinaturas de apoio
A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto e o Alcalde de Pobra de Brollón, José Luis Maceda Vilariño, recibiron o autobús da campaña de apoio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade á súa chegada a este municipio.
García Porto salientou a implicación da cidadanía nesta campaña, e en especial dos Concellos da Zona Sur da provincia, por onde o autobús está a facer un percorrido estes días. A Deputada anunciou que na súa visita ós Concellos que forman parte da Ribeira Sacra lucense, o autobús recompilou máis de 5.000 sinaturas no libro oficial da UNESCO e animou ós veciños a seguir participando.
O autobús rotulado estivo en Lugo, Monforte de Lemos, Chantada, Ribas de Sil, Taboada, Carballedo, Paradela e Bóveda. En vindeiras datas visitará as localidades de O Saviñao, Quiroga e Sober, onde conseguirá novas sinaturas.
A implicación da cidadanía é fundamental para que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, encargado de presentar a proposta ante a UNESCO, se decida a favor da candidatura da Ribeira Sacra.
O autobús rotulado da campaña permanecerá ata mañá fronte a Casa Consistorial de Pobra de Brollón para que todos os que o desexen poidan asinar no libro oficial da UNESCO. O seu horario de apertura ó público é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas. Tamén atoparán material promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.