Deputación de Lugo

A Deputación atendeu nas últimas horas 80 incidencias nas estradas provinciais por mor do vento

Medio cento das emerxencias rexistráronse na Mariña, onde o organismo provincial mobilizou un dispositivo especial, composto por 44 operarios e 23 máquinas Outra ducia de traballadores atendeu 30 incidencias na zona centro luguesa. No seu conxunto, consistiron, principalmente, na retirada de árbores das vías provinciasContinúan a traballar e en alerta todos os medios depregados ata que remita o temporal

A Deputación leva atendido 80 incidencias nas últimas horas por mor do vento, rexistradas en estradas provinciais, principalmente da Mariña, así como da zona centro luguesa. Consistiron, na súa maioría, na retirada de árbores das vías.

Ante a alerta vermella, o organismo provincial mobilizou á Costa luguesa un dispositivo especial, composto por composto por 44 operarios e 23 máquinas. Ata o momento, este operativo actuou en medio cento de incidencias, acontecidas en Viveiro, o municipio que contabiliza o maior número das mesmas, con 11 actuacións por parte do dispositivo do Deputación; Barreiros, con 10 intervencións; Foz, con 9; Cervo, con 8; Xove, con 7; e A Pontenova, con 5.

A institución atendeu, ademais, outras 30 incidencias acontecidas, neste caso, na zona centro luguesa. Para elo, mobilizou outra ducia de operarios, que actuaron en 7 emerxencias rexistradas en Muras, 7 en Castroverde, 5 en Castro de Rei, 4 en Cospeito, 4 en Friol e 3 en Sarria.

A esta hora, a Deputación segue a traballar, principalmente, na Mariña. Todos os medios depregados seguirán en alerta ata que remita o temporal.