Deputación de Lugo

CC.OO celebra nas redes sociais a decisión de Gómez Besteiro de incluír cláusulas sociais nos contratos da Deputación

Imaxe deputación de lugo

Comisiones Obreras celebra nas redes sociais e páxinas web a decisión do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, de incluír cláusulas sociais para blindar as condicións laborais dos traballadores das empresas que prestan servizos ó organismo provincial.

Así, os blogs das seccións sindicais de Sectores Financieros y Administrativos (COMFIA) e a sección de Servizos Privados de Madrid destacan esta iniciativa, pioneira entre as Deputacións de España, coa que Gómez Besteiro defende as condicións dos traballadores. A nova aparece nos apartados dedicados a cuestións de interese laboral.

Consulta os enlaces:

http://ccoo-desactiva.blogspot.com.es/2014/03/diputacion-de-lugo-impondra-clausulas.html
http://ccooseguriberica.blogspot.com.es/2014/02/la-diputacion-de-lugo-rescinde-el.html
http://www.comfia.info/noticias/82177.html