Deputación de Lugo

A Deputación lamenta a morte da Presidenta do organismo provincial de León

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo lamenta a morte de Isabel Carrasco, Presidenta da Deputación de León, tras coñecer o seu tráxico falecemento.

A Deputación transmite o pésame a amigos e familiares, así como ós compañeiros de Corporación e partido, tralo lamentable acontecemento.

A Deputación condena este triste suceso, no que Isabel Carrasco perdeu a vida tras recibir varios disparos en plena rúa.