Deputación de Lugo

A creatividade lucense rende homenaxe á Ribeira Sacra na quinta edición dunha Gala Lvcvs Moda con fins benéficos

Regina Polín e Carmen Basadre, acompañadas de Eduardo Souto, presentaron a Gala Lvcvs Moda 2014, que se celebrará o vindeiro 7 de maio ás 21:00 horas no Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL, e cuxa recadación íntegra destinarase ó Fogar do Transeúnte 7 deseñadores, 18 firmas de artesanía, 14 peluquerías e 24 colaboradores estarán presentes nunha gala que será novamente retransmitida por canles de televisión grazas ós alumnos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TICAs entradas poden adquirirse, dende hoxe e ata que se esgoten, nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentaron, nun acto que tivo lugar hoxe nos exteriores do Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL, a Gala Lvcvs Moda 2014, que se celebrará neste mesmo escenario o vindeiro día 7 de maio ás 21:00 horas. Nesta ocasión, a cita estará adicada á Ribeira Sacra, deixando patente unha vez máis o apoio das institucións e de toda a sociedade lucense á súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.

No acto estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, asociación que nesta ocasión organiza a iniciativa posta en marcha por Deputación de Lugo e Concello hai cinco anos. Ambas Administracións continúan colaborando intensamente para poñer en valor a creatividade lucense neste evento con fins benéficos, xa que a recadación irá destinada ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

A presentación da Gala tamén contou coa presenza de profesionais do deseño, a moda e a imaxe que tomarán parte no evento, cuxo interese é a razón fundamental para a continuidade da Lvcvs Moda, xa que esta pasarela tense revelado como un importante factor de xeración de riqueza e creación de postos de traballo no sector.

O mellor da moda, da artesanía e da imaxe
Nesta ocasión estarán presentes 7 deseñadores, algúns dos cales participan por primeira vez: Inpe-Abrigo Verde-SCQ; Luis Areñas para Manuela López; Manuel Bolaño; María Tacón, Mariola Lulú; Montse Arias e Tina Cortón. As 18 firmas de artesanía de toda a provincia que estarán presentes, e algunhas das cales tamén se estrean na pasarela, son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cesteríaviva; Corazóns Artesáns; Entretecido; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro; Obradoiro en lá; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla e Yanllan, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Tamén os asistentes poderán asistir ó espectáculo que ofrecerán as 14 peluquerías presentes: os veteráns Attelier; Eduardo Souto; Miriam Souto e Mohama; e os debutantes na Lvcvs Moda Avalon; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva e Vanessa Martínez Estilistas. Todos eles amosarán espectaculares traballos de maquillaxe e peiteados.

Tal e como xa é habitual, nesta ocasión volven ser moitos os negocios lucenses que prestan a súa colaboración con este evento, xa que tamén para eles supón un inmellorable escaparate. Nesta ocasión son 24 firmas colaboradoras: Adamascada Personal Shopper, Begano (Coca Cola); Cátering Central II; Deportes Marathon; Dick&Paul; Estrella Galicia; Estudios Abrigueiro; Hasta en un iglú; Hotel Méndez Núñez; IES Muralla Romana; M&N para Joyería Senén; Kubika; La postrería de Noe; Lolita Blu; Messalina; Modesto SantaEularia; Porta Castelli; Ramón rebolo; Restaurante España; Romago Spain; Secretos de Galicia; Torques; Zapatería Cuplé e Zapatería Zhoe, que prestarán o seu apoio á Gala Lvcvs Moda 2014.

Así pois, o vindeiro día 7 de maio, ás 21:00 horas, no MIHL, os lucenses teñen unha nova cita con estes 7 deseñadores, 18 firmas de artesanía e 14 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios, como en anteriores ocasións. De feito, os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo nas súas casas, posto que novamente serán moitas as canles de televisión que emitirá o sinal ofrecido polos alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC, que deixarán constancia coas súas cámaras de todo o que aconteza esa noite dentro de Museo Interactivo de Historia de Lugo.

Entradas xa á venda
As entradas, que previsiblemente se esgotarán en poucos días, tal e como aconteceu en todas as edicións celebradas, poderán mercarse dende hoxe nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:
Inpe-Abrigo Verde-SCQ
R/ Miguel de Cervantes, 12. Lugo
982 805 011
Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, baixo. Lugo
982 221 102
María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893
Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Tina Cortón
R/Xoán Montes, 3-1º D. Lugo
982 251 986
Attelier
R/ Concepción Arenal, 18. Lugo
982 227 854
Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634
Eduardo Souto
R/Alexandre Bóveda, 16. Lugo
982 231 423
Marta Campo Peluquería
R/ Río Sil, 9- Baixo. Lugo
982 254 922
Meyva
R/ Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345
Mohama
Praza do Rei, 17, baixo. Lugo
982 808 227
O Baúl da Beleza
Avda. de Vilalba, 2- Rábade. Lugo
982 391 093
Vanessa Martínez Estilistas
R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo
982 201 753

Máis información, na web www.deputacionlugo.org