Deputación de Lugo

O GOBERNO PROVINCIAL DESTAPA MÚLTIPLES IRREGULARIDADES NA XESTIÓN QUE OS SOCIALISTAS FIXERON DA OBRA DO EDIFICIO DA UNED EN LUGO

Armesto desvelou que a “grave” e “nefasta” xestión do Goberno socialista naDeputación impedirá a apertura esta anualidade do Centro da Uned no edificio doMiñoO voceiro dos populares revela un desfase orzamentario do 110%, ademais de anomalías no procedemento administrativo, xunto ao incumprimento no prazo de execución das obrasNo proceso de contratación os socialistas, e segundo a información que obra no expediente, excluíron empresas sen xustificar o motivo, o contrato adxudicouse fóra de prazo e mesmo existe unha dilixencia que manifesta a apertura dunha oferta e e o peche posterior do seu sobre con celoArmesto lamenta que “a falta de previsión absoluta” dos socialistas deixe aos lucenses sen este servizo dado que a un día do remate do prazo de execución, a última certificación técnica cifra sen executar o 45,8% das unidades de obra

Lugo, 17 de setembro de 2015.- Ovoceiro da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, destapou hoxe múltiplesirregularidades na xestión que os socialistas fixeron das obras do complexo doMiño para destinalo a Sede do Centro Asociado da Uned en Lugo. Armesto revelouun desproporcionado desfase orzamentario, xunto a anomalías no procedementoadministrativo e a incumprimentos no prazo de execución das obras.

O voceiro dos popularesconsiderou necesario dar a coñecer “a situación real da obra”  edemostrar con documentos a “grave” e “nefasta” xestión do Goberno socialista daDeputación de Lugo que, segundo lamentou Armesto, impedirá a apertura estaanualidade do Centro da Uned no edificio do Miño.

O deputado provincial indicou queun expediente que se apertura en maio de 2011, “hoxe, catro anos despois continúasen rematarse, supoñendo un forte investimento público aos lucenses que nonpoderán polo de agora dispoñer deste servizo”. Tras ampliacións no prazo deexecución da obra, o último concedido remata mañá 18 de setembro, cando aúltima certificación de obra aprecia que aínda queda o 45,82% da obra sen executar. “Esta é adilixencia coa que traballan os socialistas, deixándonos unhas obras, cuxoproceso deixa entrever importantes dúbidas, con irregularidadesadministrativas, variacións orzamentarias, e que non se compren os prazos”.

“É importante que os lucensescoñezan o funcionamento dos socialistas no Goberno e a situación que motiva queos alumnos da Uned non podan empregar o Complexo do Miño como sede. A maiores,unha vez que se finalicen as obras teremos que resolver servizos tan básicoscomo o de iluminación que non se recolle no proxecto”, explicou Armesto.

Anomalías no procedemento administrativo

O voceiro dos populares destapouimportantes anomalías no procedemento administrativo da obra. Entre eles,Armesto revelou que no proceso de contratación se exclúen empresas doprocedemento de selección sen motivar a causa desta exclusión. Ademais, existeunha dilixencia na cal se manifesta que unha oferta foi aberta e pechadaposteriormente con celo.

Entre outras irregularidadesadministrativas, Armesto engadiu tamén que o contrato se adxudicou fóra doprazo máximo que establece a lei, ao igual que o proxecto. Neste senso, odeputado explicou que a empresa adxudicataria presentou ata un total de tres proxectos(novembro de 2011, marzo de 2012 e agosto de 2013). “Se o primeiro proxecto foio que serviu de base ás autorizacións e despois executouse o do ano 2013,pódese considerar incluso un incumprimento da autorización sectorial e polotanto da licenza”, matizou.

Polo tanto, “unha vez máisherdamos un proxecto que levanta sospeita e queremos descubrir realidades, aoigual que descubrimos unha clara manipulación orzamentaria e un desfase presupuestario desproporcionado, dun110%. Son manifestas as argucias que seguen, alterando cifras, para dar unhaimpresión de total normalidade”. Neste senso, o voceiro deu datos e explicouque unha obra que se adxudicou por un importe de 959.684,88 euros, e tras apresentación de tres proxectos, o último deles é o dobre do orzamento inicial(2.022.139,10 euros). “Non expedientenon queda claro a motivación deste desfase orzamentario, o único que sedemostra é unha falta de previsión absoluta”.

Polo tanto, Armesto lamentou quese estea a dar esta situación e que non se poda sacar adiante coa celeridadeprevista este servizo no complexo do Miño ao tempo que agarda que estascircunstancias non danen a imaxe das institucións públicas nin causen ningúnprexuízo sobre entidades que están a desenvolver unha importante labor social.