Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO INFORMA

Imaxe deputación de lugo
Esta mañá, axentes da Policía Nacional solicitaron á Deputación de Lugo o volcado dos correos electrónicos entre unha traballadora do organismo provincial e a empresa Gamallo. A Deputación de Lugo puxera en coñecemento da Fiscalía hai meses presuntas irregularidades nas obras que esta construtora realizaba na piscina de Monterroso. Froito da denuncia realizada pola propia Deputación de Lugo está aberta unha investigación instruída polo Xulgado Número 1 e a xuíza de apoio Hortensia Bouso.