Deputación de Lugo

RESPOSTA DA DEPUTACIÓN DE LUGO SOBRE AS CRITICAS DO PP ÁS CLAUSULAS DE CONTRATACIÓN PARA O SERVIZO DE CONSERVACIÓN DE ESTRADAS

Imaxe deputación de lugo

Antes as críticas verquidas polo Partido Popular sobre as cláusulas de contratación para o servizo de conservación de estradas, dende a Deputación de Lugo comunicamos que:

1º- A de Lugo é a primeira Deputación en España e a primeira administración en Galicia que inclúe cláusulas sociais para blindar as condicións dos traballadores das empresas contratadas, como ocorre neste caso.

É importante salientar que esta ambiciosa medida foi impulsada polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro ata o Parlamento Galego para que se aplicara en todos os contratos públicos, mais a proposta foi rexeitada polo presidente da Xunta.

2º- Neste caso, a Deputación de Lugo non pode saltarse a lei vixente, polo que denunciamos o descoñecemento xurídico do Partido Popular á hora de facer unha crítica tan infundada

Se o PP coñecese a lei, sabería que o artigo 27 do Convenio Estatal do Sector da Construción aplicable á conservación de estradas di que as empresas licitadoras teñen o dereito de solicitarlle a información sobre os traballadores ás empresas que actualmente están prestando este servizo, e estas están obrigadas a facilitarllas.


No caso de que esta información non fose entregada, tal e como obriga a lei, a Deputación poría este feito en coñecemento da Inspección de Traballo ou solicitariámoslla oficialmente, obrigándoos así a dar esa información.