Deputación de Lugo

A Deputación aposta polos produtos autóctonos de calidade colaborando coa Festa da Empada de Chantada

- A Deputada de Economía, Recadación e Facenda e o Alcalde presentaron a cita, cuxo orixe se remonta o s.XIX, e que terá lugar o vindeiro martes 26 de agosto, no campo de San Lucas - O organismo provincial contribúe a celebración deste evento cunha achega económica de 3.000 euros, que se enmarca dentro do Plan Estratéxico de Subvencións para 2014 - Esta cita gastronómica porá o broche de ouro a 4 días de festa patronais con actividades varias e para todos os públicos

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, presentaron este venres unha nova edición da Festa da Empanada, que acollerá o campo de San Lucas o vindeiro martes, 26 de agosto. O organismo provincial colabora co Concello na celebración desta cita, cunha achega económica de 3.000 euros. Está é unha das máis de 50 actividades, que teñen lugar nuns 40 Concellos lugueses, que financia a Deputación con 3,6 millóns de euros do Plan Estratéxico de Subvencións, dirixido a potenciar os principais sectores produtivos: agricultura, gandeiría, pesca, comercio, turismo ou artesanía.

García Porto destacou que “a institución luguesa aposta polos produtos autóctonos de calidade mediante o impulso de citas gastronómicas, promocionando as cualidades do produto entre os consumidores, o que contribúe ó aumento das vendas e afianzamento de postos de traballo. A Deputación apoia este evento que rinde homenaxe á empanada, ó tempo que se lle brinda unha cita atractiva ós lucenses e ós visitantes. A orixe desta festa remóntase ó siglo XIX e nas pasadas convocatorias, máis de 3.000 persoas se deron cita en Chantada, polo que esta festa é un importante pulo á economía local”. Pola súa banda, Varela agradeceu a boa colaboración entre o Concello e Deputación non só para esta cita gastronómica senón para todo tipo de actividades. Aproveitou tamén para exaltar o produto estrela da xornada: a empanada, ó tempo que convidaba a todos os interesados a disfrutar de Chantada o vindeiro martes, 26 de agosto.

Broche de ouro das festas patronais
Este evento gastronómico porá o broche de ouro a 4 días de celebracións de festas patronais, con actividades varias e para todos os públicos. Dende o xoves 21 ata o luns 25 de agosto, todos os que se acheguen a Chantada poderán gozar das VII Olimpiadas Rurais, no campo da feira vella, dunha carreira de moto-plásticas, na praza de Santa Ana, da VII Baixada de Carrilanas, de campionatos de fútbol (Trofeo Cafés Penela, Trofeo Concello de Chantada ee Trofeo ICOS) e do XXIII Certame de Bandas de Música, na praza do Cantón. Durante estas xornadas, haberá tamén pasarrúas de gaiteiros, un concerto de pop-rock, o pregón, que correrrá a cargo de Kiko Novoa, unha festa infantil e unha sesión de fogos artificiais. O martes 26 de agosto, o son da música dos grupos Rastreros, Malas Herbas, Los Televisorees, Garrafon.com e os Gaiteiros Os Barrios faranse un oco no campo de San Lucas ó tempo que as empanadas, o churrasco e o polbo van enchendo este espazo.