Deputación de Lugo

A Deputación leva mañá a Viveiro as accións formativas gratuítas do Mes da Agricultura Ecolóxica

Imaxe deputación de lugo
O Edificio Sindical viveirense acollerá mañá a partires das 10:00 horas tres conferencias sobre compostaxe e biofertilizantes abertas ó publico

A Deputación de Lugo leva ó municipio lucense de Viveiro as accións formativas gratuítas do Mes da Agricultura Ecolóxica logo da súa celebraciónenMondoñedo, Sarria ou Monforte. O Edificio Sindical viveirense acollerá mañá sábado, 12 de xullo, dous seminarios centrados no mercado e fabricación de compostaxe caseiro e industrial e biofertilizantes.

O primeiro leva por título Parámetros e materiais precisos para a elaboración dun compostaxe caseiro, a cargo de Carlos Brea, perito agrícola e especialista en agricultura ecolóxica. Tras el, Sergio Quiroga Rivera, de Ecocelta Ponteareas, falará acerca dos pasos que se deben seguir para elaborar compostaxe caseiro e industrial, nos obradoiros A compostaxe industrial e Os Fertilizantes.

A programación está deseñada para profesionais do sector ecolóxico e convencional, técnicos ou titulados universitarios relacionados co sector; mais tamén para o público en xeral interesado no tema. Os participantes nas xornada terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren

Ó comezo, que será as 10:00 horas, o asesor e monitor de agricultura ecolóxica, Carlos Brea Pallares, fará unha pequena introdución sobre o Proxecto Lugo2. De seguido, comezará coa conferencia Parámetros e materiais precisos para a elaboración dun compostaxe caseiro e, ó remate, haberá outra, que leva por nome A compostaxe industrial, que xa será a cargo de Sergio Quiroga, de Ecocelta Ponteareas. Ás 12:30, logo dun pequeño decanso, Sergio Quiroga continuará explicándolle ós asistentes outros métodos agroecolóxicos a través das charlas A lumbricultura na compostaxe e Os Biofertilizantes. Está previsto que esta última conferencia, coa que se pon fin a este ciclo formativo, remate cara as 14:00 horas. Salientar tamén que os participantes na xornada terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren.

A agricultura ecolóxica está experimentando un auxe na provincia, rexistrando un aumento dun 8,22% de superficie inscrita no CRAEGA, o que supón unha suba superior á da Comunidade. Ademais, Galicia rexistrou, no ano 2013, 523 produtores e 133 elaboradores, o que supón un aumento do 8,07% respecto ó 2012. O volume de negocio alcanzado no pasado ano na nosa Comunidade sufriu un aumento do 11,26%.