Deputación de Lugo

O BOP publica hoxe as bases para participar na XVIII edición de Artesanfroilán 2014

Imaxe deputación de lugo

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases que rexen o concurso público, que pon en marcha o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación, para participar na XVIII edición de Artesanfroilán 2014. A feira terá lugar entre os días 4 e 12 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas, na praza da capita luguesa de Anxo Fernández Gómez.

Este proceso está dirixido a artesáns, que poden participar de xeito individual ou conxuntamente. Do número total de stands dispoñibles, reservase o 80% para profesionais da provincia de Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o luns e será de 10 días naturais. Estas deberanse entregarse no Rexistro do Pazo de San Marcos, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben envialas por correo ordinario. Terán que ir acompañadas dunha fotocopia da Carta de Artesán ou documento análogo expedido pola autoridade competente, fotocopia do DNI ou do NIF da empresa, 3 fotografías dos artigos que se presentarán na feira e 1 fotografía do stand que se ten previsto montar.

Unha comisión técnica de avaliación resolverá este concurso público en setembro.