Deputación de Lugo

A Deputación lamenta “o novo ridículo do PP” e acláralle que a obra de Cervantes que critica non é provincial

Imaxe deputación de lugo
 - Ante “este novo intento de manipulación”, Martínez explicou que o muro foi levantado polo Concello en Donís e, tras caer nun pequeno tramo polas fortes choivas da pasada semana, foi reparado de inmediato pola mesma brigada de obras municipal que o levantou - O organismo provincial esíxelle aos populares unha rectificación pública  

A Deputación de Lugo esíxelle ao Partido Popular “máis rigor e seriedade na súa labor de fiscalización e control do Goberno provincial, polo que os seus deputados cobran máis de 150.000 euros ao ano de soldos públicos”, xa que a execución da obra que critican en Cervantes “non foi acometida polo organismo provincial, pois trátase dunha actuación que o Concello leva a cabo coa brigada municipal de obras”. “Pedímoslle ao PP que, antes de arremeter contra a Deputación, se informe mellor e non faga máis o ridículo. Os lucenses non o merecen”, subliñou o voceiro socialista do Goberno provincial, Manuel Martínez, quen espera “unha rectificación pública” dos populares.
Ante o “novo intento de manipulación e desinformación absoluta” do PP, o Deputado explicoulles que se trata dun muro de contención levantado polo Concello nun camiño da aldea de Donís para evitar que a terra se viñera abaixo. Debido ás fortes choivas caídas a finais da semana pasada, o muro cedeu nun pequeno tramo, pero foi reposto de inmediato –os traballos remataron este mesmo luns- pola mesma brigada municipal de obras que o levantou. A obra financiada pola Deputación a través do Plan de Obras e Servizos (POS) do 2014 en Cervantes non ten nada que ver con esta actuación, senón que afecta á estrada que vai dende As Pontes de Donís á entrada do pobo de Donís.
A actitude do PP “neste e noutros casos revelan a súa nefasta labor de oposición” e deixa en moi mal lugar “ao seu voceiro en Cervantes, que nin sequera se entera do que pasa no seu propio municipio”, sinalou Martínez.