Deputación de Lugo

A Deputación destina preto de 6.000 euros ó impulso da 22ª edición da Feira do Mel de Lugo

- A Deputación colabora co Concello de Lugo e coa Asociación Lucense de Apicultura na organización deste actividade de promoción do sector primario da provincia - A Feira celebrarase o vindeiro día 27 de setembro, en horario initerrompido de 10:00 a 19:00 horas, na carpa instalada na Praza da Soidade

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, participou hoxe na presentación da XXII Feira do Mel de Lugo. No acto estiveron presentes o Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, e o Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Pablo Piñeiro. Esta nova cita coa apicultura, organizada pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores, terá lugar o sábado 27 de setembro dende as 10:00 e as 19:00 horas nunha carpa situada na Praza da Soidade. Á presentación do acto tamén asistiron os produtores Antonio Mon e Alfredo García e membros da Asociación de Apicultores.

Álvaro Santos Ramos destacou que “esta é unha cita xa consolidada no outuno lucense e unha boa oportunidade para o sector da apicultura, que xera un volume de negocio na provincia de preto de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo e que representan preto do 35% do total producido en Galicia".

Pola súa banda, Manuel Núñez explicou que “nesta ocasión cambiase a ubicación por mor das obras de reforma da Praza de Abastos, pero agárdase unha gran presencia de público que veñen a mercar os produtos de gran calidade que venden os produtores”. Ademais informou que de instalarán entre 25 e 30 expositores nos que se poderán degustar e mercar diferentes tipos de mel que se obteñen en toda a provincia e “agardamos que sexa un éxito de público”.

Os prezos do mel manteranse con respecto ó pasado ano, cun precio mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio kilo. Pola súa parte, Pablo Piñeiro, secretario da asociación, informou que este ano haberá moitas variades de mel “xa que a pesares da ser ter un verán moi húmido as abellas produciron un mel de boa calidade” e tamén garantiu que toda a mel que se poña a venda pasa un controis hixiénicos e sanitarios.