Deputación de Lugo

A Deputación achega 306.000 euros á recuperación do patrimonio histórico-artístico da provincia

Imaxe deputación de lugo
- O organismo provincial retomará o mércores as obras de mellora na estrada do Marco de Álvare ás Rodrigas, que prevé finalizar en dous meses- Faino tras atopar unha solución alternativa máis segura e económica ás voladuras nun treito de 140 metros con vivendas próximas, que requirían do permiso legal da Xunta- A institución achega 19.000 euros ó arranxo da pista polideportiva e da súa contorna na parroquia sarriana de Corbelle, onde residen máis de 100 veciños

A Xunta de Goberno deste venres aprobou definitivamente os derradeiros investimentos da Deputación con cargo ao Orzamento de 2014, que foron acordados de xeito inicial nunha sesión extraordinaria antes de rematar o ano, concretamente o 30 de decembro. Son 560.000 euros para a recuperación do patrimonio histórico-artístico da provincia, para a mellora de instalacións deportivas públicas na parroquia de Corbelle, en Sarria, e para rematar as obras na estrada 5501, do Marco de Álvare ás Rodrigas, en Riotorto.

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se aprobaron convenios coas Dióceses de Mondoñedo e Lugo para financiar con 306.000 euros ó arranxo de igrexas, capelas, petos de ánimas...de todos os Concellos lucenses.

Acordouse outro convenio coa Asociación Cultural Lavanqueira de Sarria para financiar con 19.000 euros melloras na pista polideportiva de Corbelle e na súa contorna, “que beneficiarán, directamente, os máis de 100 veciños da zona”, remarcou Martínez.

Obras en Riotorto

A Xunta de Goberno ratificou un novo investimento de 235.000 euros para rematar as obras na estrada 5501, do Marco de Álvare ás Rodrigas, en Riotorto. O tamén Deputado de Xestión Territorial lembrou que estes traballos tiveron que ser paralizados temporalmente ante as dificultades de actuar nun treito de 140 metros con vivendas nas súas inmediacións.

Martínez indicou que a primeira solución plantexada foi desviar o trazado da zona, levándoo a outra, na que sería necesario realizar voladuras para acondicionar o terreo polo que pasaría a nova estrada. “Finalmente, descartamos esta opción por varios motivos: por seguridade, posto que as voladuras poderían provocar a inestabilidade dos terreos e aumentar o perigo potencial para as vivendas; por tempo, xa que para empregar explosivos necesitaríamos do permiso legal e imprescindible da Xunta de Galicia, e xa tivemos que esperar máis de 2 anos a que nos concedese os terreos expropiados para poder iniciar estas obras; e por custe, posto que desviar o trazado conlevaría actuacións cun custe desmesurado de 1 millón de euros”, subliñou.

O voceiro explicou que se barallaron outras posibilidades técnicas, como a instalación de pivotes subterráneos de 15 a 20 metros ou construír un muro de formigón para imposibilitar o deslizamento do terreo. “Ambas as dúas posibilidades non eran 100% seguras e supoñían un custe desmesurado de 1 millóns de euros. Por todo isto, acordamos manter o trazado actual da estrada neste treito de 140 metros e executar traballos de recheo do terreo para impedir o deslizamento da ladeira”, explicou.

7 de xaneiro

“Aprobado definitivamente hoxe este novo investimento e atopada unha solución alternativa ás voladuras, para as que eran necesarias a colaboración sempre nula da Xunta, o vindeiro mércores, 7 de xaneiro, retomaremos as obras na estrada do Marco de Álvare ás Rodrigas. A previsión é rematalas en dous meses, sempre que as condicións climatolóxicas permitan o secado da zahorra e aplicar o aglomerado”, avanzou o Deputado.

As obras están moi avanzadas, posto que, xunto cos traballos neste treito de 140 metros, só quedaría aplicar o aglomerado en quente no seu conxunto, isto é, nos preto de 6 quilómetros no que se está a actuar, que son dende o 0,000 ao 5,800, ademais da sinalización. Todo isto logo de mellorar o trazado co seu ensanche ata os 8 metros e eliminar curvas.

1,6 millóns de euros

“En total, facemos un esforzo inversor de máis de 1,6 millóns de euros no arranxo desta estrada (1.235.000 euros nas obras e 400.000 euros nas expropiacións de 200 fincas). Facémolo en resposta ás xa históricas demandas dos veciños da zona, que levan décadas reclamando a mellora da que é o principal acceso á N-640, a estrada que une esta zona da Mariña coa capital luguesa. A pesares de todas as dificultades (problemas económicos da anterior adxudicataria, espera de 2 anos polas expropiacións da Xunta, manipulacións e mentiras do Partido Popular, a quen non lle interesa que rematemos as obras...), este Goberno Provincial finalizará estas actuacións e cumprirá coa palabra dada aos veciños”.