Deputación de Lugo

A Deputación mellora en Cervantes con 40.000 euros a estrada de San Martín de Ribeira a Vilaquinte

Imaxe deputación de lugo
- Este vial é unha das canles de comunicación máis importantes da zona, sendo empregado por uns 400 usuarios ao día - Hai desvíos alternativos perfectamente sinalizados pois, por mor das obras, a estrada permanecerá pechada ata o día 15 de agosto 

A Deputación mellora no Concello de Cervantes con 40.000 euros a estrada provincial LU-P-1402, de San Martín de Ribeira, por Quindós e Chaovilarin a Vilaquinte, co fin de repoñer a obra de fábrica dun treito de 50 metros entre os puntos quilométricos 0+200 e 0+250, que se fundiron por mor dos temporais, así como da substitución do firme. 

Durante o transcorrer das obras deste vial de comunicación, un dos máis importantes da zona, pois é empregado por máis de 400 usuarios ao día, a estrada permanecerá pechada ata, previsiblemente, o vindeiro 15 de agosto.

Xa hai desvíos perfectamente sinalizados a través da LU-P-1412, da estrada provincial de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; e da LU-P-3505 de Navia de Suarna, por Silvouta e Vilaquinte, a Donis.