Deputación de Lugo

Gómez Besteiro inaugura a exposición fotográfica Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

- Este iniciativa, levada a cabo polo organismo provincial en colaboración con El Progreso e La Región, pon en valor a riqueza medioambiental e patrimonial deste espazo natural, un dos máis importantes do país - O Presidente destacou que “dende a Deputación estamos impulsando o distintivo de patrimonio da Humanidade que proxectará a imaxe non so de Lugo, senón tamén de toda Galicia” - A exposición, que permanecerá na Praza de San Marcos ata o vindeiro 8 de febreiro, está acompañada do Bus da Ribeira Sacra, onde se atopan os libros para recadar sinaturas en apoio á candidatura

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, o Director de El Progreso, Luís Caeiro e o Director de La Región, Xosé Pastoriza, inaugurou este martes a exposición fotográfica Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, que organiza o organismo provincial en colaboración con estes dous diarios, e que está dirixida a promocionar e dar a coñecer entre as veciñas e veciños da provincia a riqueza medioambiental e patrimonial deste espazo natural.

Gómez Besteiro valorou que “dende a Deputación estamos impulsando á Ribeira Sacra para conseguir o título de Patrimonio da Humanidade, que proxectará a imaxe non so de Lugo, senón tamén de Ourense e Galicia”. O Presidente informou tamén que durante este días, atoparase na praza o Autobús da Ribeira Sacra, onde están os libros oficias da UNESCO para recadar sinaturas co fin de conseguir este distintivo internacional, “que marcará un antes e un despois na nosa provincia” valorou Besteiro.

O Presidente de La Región agradeceu a colaboración da institución e salientou que “debemos continuar traballando xuntos, como facemos hoxe aquí, para progresar e conseguir obxectivos como este distintivo”. Pola súa banda, o Presidente de El Progreso afirmou que “a Ribeira Sacra é un dos valores máis importantes a nivel turístico e de patrimonio histórico que ten Galicia e que merece un recoñecemento que, por agora, non ten”.

Esta mostra itinerante, que estivo previamente na cidade de Ourense, está composta por máis de 400 instantáneas que amosan a visión que teñen os cidadáns deste espazo natural. A exposición, que permanecerá na Praza de San Marcos ata o vindeiro 8 de febreiro, esta acompañada dun stand cos libros oficiais da UNESCO para continuar recadando, sinaturas en apoio á candidatura de Patrimonio da Humanidade.