Deputación de Lugo

Medios nacionais fanse eco da ruta do cancro que teñen que sufrir os lucenses

Imaxe deputación de lugo
A revista Interviu publica unha reportaxe sofre a realidade que viven os doentes desta enfermidade en Lugo e que denuncia a Deputación: recorrer máis de 400 quilómetros para recibir o seu tratamento, posto que a Xunta de Galicia lles nega este servizo na súa provincia

Medios de comunicación nacionais fanse eco da situación de discriminación que sofren os lucenses, ao seren os únicos galegos sen servizo de Radioterapia na súa provincia, e que denuncia a Deputación de Lugo en apoio a miles de cidadáns que reclaman esta prestación sanitaria xa a través de colectivos como a Federación de Asociacións Veciñais.   

Baixo o título “Las promesas rotas del cáncer”, a revista Interviu publica unha documentada reportaxe sofre a realidade que viven os doentes desta enfermidade en Lugo: recorrer máis de 400 quilómetros para recibir o seu tratamento, posto que a Xunta de Galicia lles nega este servizo na súa provincia.

A reportaxe recolle a testemuña de “peregrinos de la sanidad” de Lugo, así como de Ceuta, que cruzan o Estreito para recibir Radioterapia en Algeciras, de Melilla, que se trasladan a Málaga, ou de Ibiza, que voan a Mallorca. “Condenados a hacer kilómetros” por “compromisos rotos como ha ocurrido en Lugo o en Ibiza donde, pese a los anuncios oficiales, los enfermos siguen esperando”, apunta.

A revista tamén publica a testemuña do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que acompañou a doentes da provincia na ruta do cancro. Fíxoo logo de ser o primeiro representante político en participar na campaña de sensibilización da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo en reclamo de Radioterapia na provincia. Este colectivo convidou a representantes políticos de todas as cores a sumarse a esta iniciativa.