Deputación de Lugo

As consultas sobre o Campus de Lugo dende a web paraestudarlugo.com superan xa as 7.000

Imaxe deputación de lugo
- Entan só dúas semanas, milleiros de persoas de España e do extranxeiro seinteresaron pola universidade lucense e os descontos na matrícula da Deputaciónpara primeiros estudantes e 135 mellores expedientes de FP, BAC e grao- O37% das visitas foron dende Lugo, o 16% de Santiago, 13% A Coruña, 8% Vigo, 4%Ourense e 3% Pontevedra. Destacan as consultas dende Madrid, co 15%; e dendeBarcelona, co 4%. Do extranxeiro, proviñeron o 36% das visitas- Nunhasemana, triplicouse o alcance das publicacións sobre a campaña dende o Facebookda Deputación, pois tiveron un alcance de 35.000 persoas

Éxito da campaña de promoción do Campus de Lugo, posta en marcha por Deputación e USC hai dúas semanas. Neste tempo, máis de 7.000 persoas de España e do estranxeiro se interaron pola universidade lucense e visitaron a páxina web www.paraestudarlugo.com, superando as expectativas.

O 37% das consultas proviñeron da provincia de Lugo. Con respecto ás restantes cidades galegas, as porcentaxes son as seguintes: 16% Santiago de Compostela; 13% A Coruña; 8% Vigo; 4% Ourense e 3% Pontevedra. Dende outros puntos de España, seguen a aumentar as consultas dende Madrid, co 15%; e dende Barcelona, co 4%. Do extranxeiro, foron o 36% das visitas, principalmente, de Rusia, Estados Unidos e Alemaña.

En redes sociais como a páxina de Facebook da Deputación de Lugo as publicacións sobre a campaña paraestudarlugo tiveron un alcance de máis de 35.000 persoas, é dicir, triplicouse nunha soa semana. Estas súmanse ás 10.000 que o fixeron a semana pasada.

Para primeiros estudantes
A través da campaña paraestudarlugo, a Deputación ofrece, por segundo ano consecutivo, descontos do 50% nos custen da matrícula a estudantes que se matriculen por primeira en 10 graos do Campus de Lugo. Son os seguintes: Enxeñaría de Procesos Químicos Industrias; Enxeñaría Civil; Enxeñería en Xeomática e Topografía; Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión Cultural; Relacións Laborais e Recursos Humanos; Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; e Administración e Dirección de Empresas. Este mércores comeza a selectividade. Do 1 ao de 3 xullo será o prazo de preinscrición. O prazo de matrícula é do 15 ao 31 de xullo. Durante este último período, só será necesario acceder á paxina web da USC, seleccionar a ligazón coa matrícula e formalizar o proceso. O desconto do 50% aplicarase de xeito automático no momento de pagar a matrícula.

Para os 135 mellores expedientes
Como novidade, este ano a Deputación tamén custeará a matrícula íntegra aos 135 mellores expedientes de BAC, FP e grao do Campus de Lugo a través do programa de captación de talento “O teu esforzo ten premio en Lugo”. Concretamente, a Deputación sufragará a matrícula dos 90 mellores expedientes galegos de Bacharelato e Formación Profesional que se matriculen no Campus de Lugo; así como as dos 45 mellores graduados que cursen un máster na cidade lucense. O prazo de inscrición para desfrutar deste novidoso programa de captación de talento está aberto ata o 30 de xullo. A documentación debe presentarse no Rexistro da Deputación.