Deputación de Lugo

A Deputación garante a seguridade dos veciños de Escairón dotando ao núcleo urbano de pasos elevados e un sendeiro peonil

O organismo provincial acomete estas obras, que contan cun orzamento de 20.000 euros e estarán rematadas, previsiblemente, este mes; cumprindo cunha vella demanda dos veciños

A Deputación de Lugo iniciou as obras de construción de pasos elevados de peóns e dun sendeiro peonil no núcleo urbano de Escairón, no Saviñao.

Os traballos, que consisten na construción de 2 pasos elevados, un na saída de Currelos e outro na saída de Ferreira de Pantón -as saídas estratéxicas de Escairón-; e no ensanchamento dun sendeiro urbano ata os 200 metros de longo e os 2 de ancho, contan cun orzamento de 20.000 euros.

As actuacións rematarán, previsiblemente, neste mes de xuño, se as condicións climatolóxicas permiten o avance normal das obras.

O organismo provincial acomete estas obras, cumprindo cunha vella demanda dos veciños, posto que melloran a seguridade e fan máis cómodos os desprazamentos dos veciños de Escairón.