Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO CONTINÚA COA TRAMITACIÓN DO BEN EMPREGO DENTRO DA NORMALIDADE E DEMOSTRA QUE NON SE ESTÁ A DESTRUÍR NINGÚN POSTO DE TRABALLO

Imaxe deputación de lugo
O deputado delegado de Economía e Demografía, José Antonio García, lamentaque o nerviosismo dos socialistas os leve a “xerar alarma nos cidadáns” eengade que o novo goberno garantirá que os programas de emprego se desenvolvancun carácter “obxectivo e dirixidos a todos os cidadáns da provincia”•  José Antonio García explica que dende o prazo de peche do rexistro de solicitudes do Ben Empregado II (fase II) “só transcorreron dez días hábiles, claramente insuficientes para estudar as 1.700 solicitudes recibidas e a maiores están a chegar máis dirixidas dende outros rexistros como o da Subdelegación do Goberno ou do Instituto da Mariña”•  “A desidia e a paralización déronse no anterior goberno provincial e compre soamente lembrar que durante o Ben Emprego I (Fase II), tardaron ata tres meses en realizar as primeiras contratacións dende que se finalizou o prazo de rexistro de solicitudes, e agora estamos a falar de dez días laborables durante os que é inviable estudar 1.700 solicitudes e están a chegar máis”, engadiu o deputado.

Xoves, 16 de xullo de 2015.- O deputado delegado de Economía e Demografía, José Antonio García, demostraque a Deputación de Lugo non está a destruír ningún emprego e lamenta que estasdeclaracións dos socialistas, “só conseguen xerar alarma nos cidadáns,” e sexanfroito dun “nerviosismo moi claro e pronunciado do PSOE”.

“Entendemos onerviosismo dos deputados da oposición pero lamentamos a alarma pública queestán a crear con este tipo de declaracións asentadas en mentiras”, explicou odeputado, quen matizou que “a día de hoxe os trámites do Ben emprego IIcontinúan a sacarse adiante con normalidade e non se está a dar ningún tipo deparalización”.

“Están a mentire a xogar cun aspecto que preocupa aos lucenses”, matizou José Antonio García, mentres  “os propios datos e as publicacións noBoletín Oficial da provincia demostran a súa falta de verdade”.

Continúase co proceso con normalidade

O deputadodelegado explica que o prazo para a presentación de solicitudes no BenEmpregado II (Fase II) finalizou o 4 de xullo. É dicir, transcorreron dez díaslaborables dende que se finalizara este período para o rexistro dassolicitudes. “É imposible resolver un procedemento cando aínda se están arecibir as solicitudes que foron remitidas a través doutros rexistros, amaiores do da Deputación, como o da Subdelegación de Goberno ou o Instituto daMariña, tal e como prevé a Lei de Procedemento Administrativo. Estamos a falarde 1.700 solicitudes que en dez días é inviable analizar e estudar”.

Polo tanto etal e como reitera José Antonio García, o expediente está a tramitarse dentroda normalidade e o paso seguinte, unha vez estudada a documentación, será o de requirir a documentacióncomplementaria precisa.

O responsableda área de Economía e Demografía explica a maiores que non se está a poñer enrisco ningún tipo de axuda económica xa que non hai un prazo de execuciónestablecido, polo tanto, “é aínda máis incomprensible este tipo de declaraciónse máis se temos en conta que nos atopamos cunha corporación saínte que nonfacilitou ningún tipo de información sobre os expedientes e que deixaron unimportante volume de facturas e contratos pendentes de tramitar”.

“A desidia e aparalización déronse no anterior goberno provincial e compre soamente lembrarque durante o Ben Emprego I (Fase II), tardaron ata tres meses en realizar asprimeiras contratacións dende que se finalizou o prazo de rexistro desolicitude, e agora estamos a falar de dez días laborables durante os que éinviable estudar 1.700 solicitudes”, engade o deputado.

En canto áacusación sobre a diminución de solicitudes que achacan os socialistas, José AntonioGarcía explica que se modificou o procedemento e mentres na primeira fase doBen Emprego, o interesado podía optar a varios perfís de emprego, nesta segundosó pode facelo a un posto de traballo, de aí que se eviten duplicidades e sevexan reducidas o número de solicitudes. Polo tanto, o deputado delegado agardaque o tipo de oposición sexa “un pouco máis seria e rigorosa” e pídelles aos socialistas que o seu “nerviosismo non oleve a este tipo de declaracións que só xeran preocupación nos cidadáns”.

Por último, JoséAntonio García tamén se pregunta se esta reacción “fóra do normal, cando seestá a seguir o procedemento con normalidade, deriva de intereses vencelladoscoa colocación de persoas vinculadas co PSOE”. O deputado delegado quixolembrar que no Ben Empregado I déronse coincidencias de contratados con membros daslistas electorais do PSOE. “A Deputación de Lugo deixa de ser un axentedirixido ao pago de favores políticos a amigos e a axentes electorais, e odiñeiro para emprego diríxese a todos os cidadáns da provincia”.