Deputación de Lugo

Recibidas máis de 2.300 solicitudes para traballar na rede pública de residencias con centros de día da Deputación

- Os aspirantes deberán realizar unha proba obrigatoria, a cal constará dunha parte teórica e outra práctica, e que se desenvolverá mañá, ás 19:00 horas, no Pazo Provincial dos Deportes- A contratación realizarase en función da orde establecida en ditos listados e da progresiva posta en marcha das instalacións, as primeiras das cales serán as da Fonsagrada e Castroverde

A Deputación de Lugo recibiu máis de 2.300 solicitudes de persoas interesadas en optar a algún dos máis de 60 postos de traballo que coa rede pública de residencias con centros de día. O interese xerado por esta oferta obrigou ao organismo provincial a ampliar unha semana máis o prazo previsto inicialmente, de xeito que puidera participar no proceso de selección o maior número posible de xente de toda a provincia.

As categorías obxecto da convocatoria son as de gobernanza; traballador social; técnico; oficial de mantemento; xerocultura; cociñeiro; condutor e limpiador en cada unha das instalacións previstas. O inicio da contratación do persoal realizarase en función da orde establecida en ditos listados e da progresiva posta en marcha das instalacións, as primeiras das cales serán as da Fonsagrada e Castroverde.

Os interesados que teñan presentado as súas solicitudes deberán realizar unha proba obrigatoria, a cal constará dunha parte teórica e outra práctica, e que se desenvolverá mañá, ás 19:00 horas, no Pazo Provincial dos Deportes, e á que os aspirantes deberán ir provistos do seu DNI. Un Tribunal cualificador será o encargado de avaliar dita proba, en función do cal elaborará un listado para cada unha das categorías.

Colaboración entre Deputación e Concellos
Esta rede pública de residencias con centros de día é froito da colaboración directa entre o organismo provincial e os Concellos, os cales aportaron 200.000 euros para o financiamento, ademais dos terreos necesarios, licenzas e servizos urbanísticos imprescindibles. Tal e como destacou o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, este “é un proxecto conxunto, ao marxe de ideoloxías, que consiste en dar servizo aos cidadáns con independencia do que pensen e de que voten”, xa que.

Son, polo tanto, proxectos de Deputación e Concellos de todas as cores políticas, que potencian o benestar social e o emprego, dinamizando a economía local e combatendo o despoboamento demográfico. Grazas a estas dotacións, os maiores da provincia, especialmente aqueles que residen no rural, contarán con servizos de calidade no rural.