Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN FAVORECE O ACCESO E A PARTICIPACIÓN DOS COLECTIVOS SOCIAIS NAS AXUDAS PÚBLICAS

A presidenta da Deputación de Lugo e a deputada deBenestar, Igualdade e Mocidade mantiveron esta mañá unha reunión con máis de 80entidades sociais para coñecer as necesidades do terceiro sector e deseñarconxuntamente mecanismos para darlles resposta En contraste coa opacidade coa que o anterior goberno realizaba o procesode concesión de axudas aos colectivos sociais –só mediante adxudicación directa-a Deputación propón unha maior transparencia e que se favoreza a igualdade deoportunidades A Deputación terá en conta as achegas realizadas nesta mesa de traballo tanto á hora de concretar a finalidade destas futuras axudas como en canto aos criterios obxectivos nos que basear a valoración das súas concesións

Lugo, 29 de xullo de2015.- A DeputaciónProvincial de Lugo favorecerá o acceso e a participación dos colectivos sociaisnas axudas públicas. A presidenta da institución, Elena Candia, explica que ataagora o  proceso de concesión empregadopolo anterior goberno limitaba a posibilidade de acceso a estas axudas e “nos oque propoñemos é maior transparencia e igualdade de oportunidades”.

Con esta finalidade, apresidenta da Deputación e a deputada delegada de Benestar, Igualdade eMocidade, Mari Teijeiro, mantiveron esta mañá unha reunión con máis de 80entidades sociais no salón de plenos da institución. Dende o organismoprovincial fíxose unha convocatoria pública a todos os colectivos sociais daprovincia para coñecer as necesidades do terceiro sector e solicitar a súacolaboración á hora de elaborar mecanismos de resposta e liñas de axuda.

Candia lembra aopacidade do anterior goberno no reparto de axudas aos colectivos sociais. Ataagora a Deputación de Lugo só concedía subvencións a estas entidades a travésdo procedemento directo (excepcional ou nominativo), pero non existía unha liñade axudas por concorrencia competitiva, cando a normativa de subvenciónsrecolle que este último debe ser o procedemento ordinario.

Dende o organismoprovincial consideran que a utilización única e exclusivamente da fórmula daconcesión directa de subvenciónsempregada ata agora non está a favorecer a participación e o acceso as axudaspúblicas en igualdade de oportunidades a todos os colectivos.

Deste xeito, o novogoberno provincial sacará adiante un mecanismo “máis transparente e máis xusto,que permita a participación de todos os colectivos en igualdade de condicións,xa que ata agora son poucas as entidades que coñecen o procedemento que está aseguir a Deputación para acceder a elas”, asegura Candia.

Polo tanto, na reuniónde hoxe dende a Deputación de Lugo quixeron coñecer as necesidades dasasociacións e as súas propostas de criterios de valoración, coa idea de buscarun mecanismo de colaboración que contemple liñas de axuda que cubran as súasnecesidades máis comúns e latentes; que todos os colectivos coñezan aexistencia desas liñas; e que exista unha maior transparencia na concesión dasmesas e un maior rigor para poder acceder a elas.

Necesidades e criterios

Candia enumerou unhaserie de necesidades básicas que de xeito xeneralizado lles trasladaron oscolectivos na reunión de hoxe. Apresidenta provincial fixo referencia á necesidade de poñer en marcha unha liñade axudas para cubrir gastos de mantemento dos servizos (alugueiro do local,gastos correntes, recursos humanos e de material de traballo); así como oreforzo no apoio para a inserción laboral e acceso á formación de diferentescolectivos ou a dificultade que atopan outros para cubrir gastos de desprazamento.

En canto aos criterios ater en conta na valoración para a concesión das axudas, os colectivos sociaiscitaron, entre outros, a experiencia daentidade na atención desas necesidades; a especial vulnerabilidade doscolectivos obxecto de atención (dobre ou triple marxinación); o número debeneficiarios, os proxectos dirixidos á creación ou xeración de emprego ou quesexan proxectos que atendan necesidades descubertas na provincia.

Plan de Traballo

A deputada delegada deBenestar, Igualdade e Mocidade, Mari Teijeiro, explicou que a reunión de hoxe “tratouse dunhaprimeira toma de contacto coas asociacións, para coñecer as súas necesidades eestudar mecanismos de axuda para darlles resposta”.

Unha vez estudadas asnecesidades presentadas polos distintos colectivos e dispoñendo, a maiores, doscriterios de valoración achegados polas entidades sociais na reunión de hoxe; aÁrea de Benestar, Igualdade e Mocidade, apoiándose nos técnicos da Deputación,elaborará un borrador de criterios e de liñas de axudas de xeito que “se adecúenás necesidades manifestadas hoxe, dando prioridade ás que se compartan en maiorgrao”, explica Mari Teijeiro.

Posteriormente, esteborrador enviarase aos colectivos e estará aberto a propostas emendas eengádegas. Por último, celebrarase de novo unha segunda reunión para dar amáxima publicidade a esta liña de axudas. Teijeiro concluíu ao asegurar quepara ter unha planificación real de traballo por parte das asociacións “épreciso que estas coñezan as subvencións ás que poden acceder”.