Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN FORMALIZA UN NOVO COMPROMISO CO SECTOR PESQUEIRO A TRAVÉS DA SINATURA DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS

Imaxe deputación de lugo
A presidenta da Deputación e o presidente da Federación Provincial deConfrarías asinaron hoxe o convenio no Museo do Mar, durante un acto no queestiveron presentes todos os patróns maiores e as mariscadorasA través dunha subvención de 19.000 euros o novo Goberno sufraga os custos de medios materiais para as mariscadoras e actuacións de promoción dos produtos pesqueiros da Mariña

Lugo, 03 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación deLugo, Elena Candia, asinou esta tarde un convenio de colaboración coaFederación Provincial de Confrarías da Provincia para formalizar un novocompromiso do Goberno lucense co sector pesqueiro.

O acto oficial de sinaturacelebrouse no Museo do Mar de San Cibrao e nel, ademais de Candia e dopresidente da Federación, José Basilio Otero, tamén participaron o deputadoprovincial responsable da área de Pesca, Demetrio Salgueiro; os patróns maioresdos pósitos (Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo) así como asmariscadoras activas afiliadas ás confrarías.

A subvención excepcional concedidapola Deputación de Lugo á Federación Provincial de Confrarías, por un importede 19.000 euros, diríxese a sufragar custos, por un lado, de divulgación,promoción e publicidade das actuacións que realiza a Federación e, por outrolado, de dotación de medios materiais (traxes de neopreno) ás mariscadorasactivas afiliadas ás confrarías.

Dun xeito máis concreto, duranteo acto de firma do convenio explicouse que a contía dirixida a atender aprimeira actividade (divulgación, promoción e publicidade das actuacións querealiza a Federación) suma o importe de 11.400 euros; mentres que a contía parasufragar os traxes de neopreno é de 7.600 euros.

A presidenta da Deputaciónexplicou que con esta liña de axudas damos resposta a unha petición formuladapor representantes do sector nunha das últimas reunións que o Gobernoprovincial mantivo cos traballadores vinculados ao Mar. “Actuamos de xeitoinmediato, a maiores de axilizar a tramitación das axudas que estaban pendentese que ían destinadas, por importe de 95.285,07 euros, a propietarios deembarcacións de pesca de baixura”, lembrou Candia, quen engadiu que “taménpuxemos fin a unha inxustiza, xa que as mariscadoras non podían acceder ásliñas de axuda xa aprobadas”.

Por último, Candia tamén trouxo acolación que dende a oposición “defendemos iniciativas a través das quesolicitabamos melloras na colaboración e nas relacións cos traballadores destesector e, agora, dende o Goberno sacamos adiante os compromisos que llestrasladamos en resposta ás peticións dos profesionais do mar”.